Nova protesta diante da residencia Mi Casa para exixir un "trato digno" a traballadoras e usuarias
"Cando hai empresariado sen escrúpulos o resultado non pode ser outro que o trato indigno aos residentes"
O próximo seis de xuño Pazos de Borbén acolle unha concentración para denunciar a situación da residencia Mi Casa e reclamar a dignidade dos usuarios da mesma e dos seus traballadores. O dirixente da CIG-Servizos da comarca de Vigo, Pedro Pérez Caride, explica a Nós Diario as razóns desta protesta.
Sonia Jalda, presidenta de Trega: "A situación dos residentes de Mi Casa non variou"
Sonia Jalda (Moaña, 1971) é presidenta de Traballadoras das Residencia da Galiza (Trega), entidade que denunciou o funcionamento da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén. Hoxe explica a Nós Diario cal é a situación actual do centro, case, un mes despois das primeiros escritos de queixa na Xunta.
"Alí vin xente á que lle faltaban os talóns dos pés polas úlceras e chorreaban sangue"
As condicións asistenciais e laborais da residencia Mi Casa eran coñecidas en Pazos de Borbén e nos concellos limítrofes. Denuncialas ten sido "sempre unha tentación" de parte das traballadoras do centro. Varias delas achegan hoxe a Nós Diario a súa versión do alí vivido durante a súa etapa como empregadas do xeriátrico.
A CIG mobilizarase diante da residencia Mi Casa urxindo solucións para os usuarios e o persoal
Ante as denuncias contra a residencia Mi Casa de Pazos de Borbén, nas que se acusa este centro de malos tratos ás persoas maiores usuarias, e ante a non intervención do xeriátrico por parte da Xunta, a Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de convocar unha concentración para as 11.30 do 6 de xuño diante da propia residencia.
O PP foi denunciado por censar en Mi Casa persoas para as eleccións locais
As denuncias de malos tratos presentadas contra a residencia Mi Casa non sorprenderon en Pazos de Borbén. Segundo sinalan a Nós Diario varios veciños da localidade “era algo sabido en toda a zona desde hai tempo”. Na mesma liña, critican que a Xunta da Galiza non teña actuado até facerse públicas diversas imaxes que evidencian a falla de calidade asistencial do centro de maiores.