memoria

Inauguración en Alxén o 22 de outubro do monumento en memoria dos cinco asasinados no lugar de Bouza do Viso, Salvaterra, O Condado. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Exhumar a identidade

Montse Fajardo é xornalista e escritora especializada en memoria histórica.
O libro fotográfico 'Edelmiro Méndez. Da terra que fomos' foi impulsado por Xosé Manuel Méndez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xosé Manuel Méndez: "As fotos de Edelmiro teñen gran valor ao retratar a sociedade nun momento de transformacións"

Edelmiro Méndez deixou tras de si un arquivo fotográfico inmenso a través do que achegarse á Galiza do século pasado. Unha obra de gran valor etnográfico que a editorial Canela publica co título 'Edelmiro Méndez. Da Terra que fomos'. O libro recompila o traballo deste fotógrafo da Pontenova (A Mariña) realizado entre 1957 e 1964 e conta coa colaboración de Xosé Manuel Méndez, fillo do fotógrafo. Será presentado hoxe, ás 20.30 horas na Casa da Cultura da Pontenova.
Representantes dos vinte proxectos seleccionados polo II Certame ‘Fondo de proxectos culturais do Reino da Galiza’.
star
CULTURA

Vinte proxectos para o Reino da Galiza

Proxectos audiovisuais, un xogo de cartas, espectáculos, unha colección de roupa, cantigas, murais e ata un escape room son algúns dos proxectos escollidos no II Certame ‘Fondo de proxectos culturais do Reino da Galiza’ da Deputación da Coruña. 
 
Igrexa de Cabreira.
MEMORIA E HISTORIA

Salvaterra renderá homenaxe o domingo aos "cinco sen nome"

Un monumento conmemorará a cinco homes asasinados durante a Guerra Civil en Salvaterra, dos que se descoñece a identidade.
Nado na Patagonia (Arxentina), Xurxo González non deixou Vigo desde a súa chegada con 13 anos. [Foto: Nós Diario]
Contracultura

Xurxo González: "Cando cheguei á Galiza todas as persoas da miña idade pensaban en marchar a América"

Xurxo González naceu na Patagonia arxentina, desde a que migrou a Vigo con 13 anos, cando a xente da Galiza embarcaba para facer a mesma travesía en sentido contrario. Agora, con 81 anos, recolle todas estas lembranzas en 'Memorias de Xurxo O americano', libro autoeditado que será presentado hoxe na libraría Cartabón (Vigo) ás 20 horas.
Inauguración da placa en homenaxe a Antonio Reboiro (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

A Pobra do Brollón homenaxeou o seu alcalde republicano

O Concello inaugurou unha placa e realizou un acto no que participaron o arqueólogo Xurxo Ayán e a poeta e ensaísta Olga Novo.

As pedras da memoria

FOTO HOMENAXE MÁRTIRES NEBRA 2
MEMORIA E HISTORIA

Nebra, a revolta veciñal que mantén a vixencia 107 anos despois: "Foi unha lección de amor propio"

A Ponte de Cans, na parroquia de Nebra (Porto do Son), acudiron veciñas e veciños da comarca de Noia con motivo do acto convocado polo BNG para lembrar as mártires de Nebra, a revolta de labregas e labregos que hai 107 anos se rebelaron contra un tributo á actividade agraria que consideraban inxusto.
Mariano Blanco (sentado, no centro), xunto a, entre outros, Acracio Bartolomé (sentado, á esquerda), director do xornal 'CNT' en 1937, e Eleuterio Quintanilla (de pé, segundo pola dereita), destacado líder anarquista. (Foto: Cedida)
MEMORIA E HISTORIA

Localizadas as familias de Mariano Blanco e Baldomero Vigil-Escalera, dous dos asturianos fusilados en Celanova en 1939

84 anos despois dos asasinatos, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova logra contactar cunha bisneta de Mariano e unha sobriña de Baldomero, que mostraron a súa disposición a someterse ás probas de ADN.
Acto en San Simón para reivindicar a preservación deste espazo como 'illa da memoria' (Foto: Nós Diario).
star
Análise

San Simón, a tarefa pendente

Montse Fajardo é xornalista e escritora especializada en memoria histórica.
De pé, de esquerda a dereita, Xosé Soto 'Pepiño da Gaita', Mari, Carmela Arbones, Xabier Pousa, Bautista Álvarez, Anita, Manolo Conde, Natalia Escrigt 'Cuqui', Camilo Vázquez, Carme Graña, Ben-Cho-Shey,María Rábago e Sabela Pita. Sentados, Carlos Vázquez, Lois Diéguez, Raimundo Patiño, Vicente Vázquez Diéguez, Pilar Allegue e Fernando Campos.
Obituario

Falece aos 85 anos Xosé Soto, 'Pepiño da Gaita', destacado militante da UPG e o antifranquismo desde a clandestinidade

Na década de 1960 levou as reivindicacións do nacionalismo galego a diferentes personalidades como os daquela dirixentes da República española no exilio, Luis Jiménez de Asua e Claudio Sánchez-Albornoz.

"Os e as fotógrafas profesionais son artífices dunha actividade crucial na historia contemporánea" (Foto: Adobe Stock).
star
Análise

O espello da memoria en branco e negro

Mercedes Rozas é historiadora da arte, crítica e comisaria de exposicións.
Acto reivindicativo de Amnistía Internacional no cemiterio de Pereiró. (Foto: AI)
MEMORIA E HISTORIA

A familia de Humberto Baena busca "limpar" o seu nome e o doutras vítimas do franquismo

Flor Baena, irmá de Humberto: "Case un ano despois da entrada en vigor da Lei de Memoria, non recibín comunicación algunha para, 48 anos despois, poder limpar o nome do meu irmán dunha vez por todas".
Dionísio Pereira fai medrar o seu sitio web persoal. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Dionísio Pereira, historiador: "A Galiza non é submisa, sempre houbo rebeldes"

Con 60 anos o historiador Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) puxo en marcha un blog persoal que agora con 70 vén de ampliar e transformar nun sitio web onde dá conta da súa traxectoria como investigador. 'Na volta do camiño' condensa o seu compromiso coa memoria dunha Galiza rebelde.
Pleno do Parlamento de Cantabria. (Foto: Juanma Serrano / Europa Press)
Cantabria

PP e Vox aproban a derrogación da Lei de Memoria cántabra

"7.000 familias cántabras non saben onde teñen enterrados aos seus mortos. A lei non é para vítimas dun bando, é un tema de xustiza", defenderon desde o PSOE.
Ordóñez, Mascato, Bustelo, Chesqui, Rey, Castro, Vila, Ameixeiras, Besteiro e Bravo, esta segunda feira, en Rianxo. (Foto: Xan Leira)
MEMORIA E HISTORIA

A emigración pide recoñecer Castelao primeiro presidente da Galiza

Representantes de entidades da Galiza en América mantiveron esta segunda feira un encontro en Rianxo.
Escavación en Bértoa. (Foto: ARMH)
MEMORIA E HISTORIA

Recuperan os restos de catro represaliados na foxa de Bértoa, en Carballo

Serían os corpos de Francisco Miguel Fernández Díaz, Juan Boedo Pardo, Pedro Pinilla Calvete e Pedro Pinilla Fraga, que presentan "evidencias de morte violenta".
Escavación en Bértoa. (Foto: ARMH)
Agora

Atopan cascos de bala na foxa na que se busca catro represaliados

Os arqueólogos que dirixen a exhumación dunha foxa común da Guerra Civil no cemiterio de Bértoa, en Carballo (comarca de Bergantiños) atoparon esta quinta feira os primeiros restos de violencia, como cascos de bala. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica explica que o lugar do achado fora sinalado por unha veciña. Alí espérase atopar os restos de catro persoas asasinadas polos franquistas.
O Museo Naval de Ferrol conta cunha maqueta do buque 'Canarias', ao servizo das tropas franquistas na guerra mais sen aludir en ningún momento a iso.
MEMORIA E HISTORIA

Reclaman a retirada de 124 símbolos franquistas nun total de once concellos

Ferrolterra, Eume e Ortegal aínda contan con pegadas do franquismo. No Museo Naval de Ferrol existen até 16 exemplos de simboloxía franquista: "É un museo de exaltación do franquismo cuns textos propios da ditadura", censura Manuel Monge.
A actriz e escritora Paula Carballeira. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Paula Carballeira: "O teatro é o grande espazo da liberdade de expresión; a proba é que foi o primeiro que censuraron"

Paula Carballeira vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra 'As alumnas' (Galaxia), unha peza que recupera a figura da mestra depurada María Barbeito e da que o xurado destacou que "constitúe un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate" e "os seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propuña a Segunda República".