memoria

Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Terra de Melide), onde están soterrados varios membros da familia Froilaz-Trava, e a capa do libro.
MEMORIA E HISTORIA

'Personaxes da Galiza Medieval': así foi o camiño da Gallaecia ao Reino da Galiza

O segundo volume de Personaxes da Galiza Medieval, editado pola Agrupación Cultural O Galo de Compostela, coa axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña, aproxímase á historia do reino da Galiza a través das biografías dalgúns dos seus personaxes máis senlleiros, ofrecendo unha visión daquel espazo político que evita as deturpacións ás que foi sometido o estudo deste período e que mostra a relevancia do reino como unha realidade política potente cunha dinámica interna e unha proxección exterior que non se reflicte nos manuais de historia.

Panteon Real da Catedral de Santiago.
MEMORIA E HISTORIA

A Catedral de Santiago conclúe a reordenación do espazo da Capela das Reliquias e do Panteón Real

O Panteón Real reúne unha serie de enterramentos de reis e personaxes influentes do Reino da Galiza.
Presentación de 'Os reis e as raíñas da Galiza', este sábado en Compostela (Foto: Luis Polo).
MEMORIA E HISTORIA

GALERÍA | Así foi a presentación do volume 'Os reis e as raíñas da Galiza'

Presentación de 'Os reis e as raíñas da Galiza', este sábado en Compostela (Foto: Luis Polo).
MEMORIA E HISTORIA

'Os reis e as raíñas da Galiza': “Unha verdadeira obra de arte”

Este sábado tivo lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación, organizada pola Agrupación Cultural O Galo, do volume Os reis e as raíñas da Galiza, asinado polos investigadores Alexandre Peres Vigo, Héitor Picallo Fontes e Xosé Ramón Ermida Meilán e editado por Sermos Galiza.
Unha das concentracións de familiares e amigos de Yoel Quispe na Coruña exixindo "xustiza" (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

"Desprezábel e intolerábel": a familia de Yoel Quisque denuncia "a profanación do memorial que lembra o asasinato"

Na madrugada do día 15 de marzo, o altar que desde hai tres meses lembraba a Yoel Quispe, apuñalado en Noiteboa na Coruña, "foi profanado".
Cigarreiras na fábrica nos anos 20 do século pasado. (Foto: Arquivo Ana Romero).
star
Análise

As pioneiras da loita obreira

Montse Fajardo é xornalista e escritora especializada en memoria histórica.
Presentación, o 13 de marzo, da moción do BNG.
CULTURA

O BNG propón que se nomee a Vicetto fillo predilecto de Ferrol

A moción tamén demanda, entre outras peticións, a restauración do seu busto no parque municipal.
Capa do novo libro.
MEMORIA E HISTORIA

Sermos Galiza S.A. saca do prelo o libro 'Os reis e as raíñas da Galiza'

Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu está decidido a pór en valor a historia daqueles soberanos e soberanas cuxa memoria foi arrebatada ao país a través dun proceso político-ideolóxico destinado a perpetuar a súa submisión.

Horta na parroquia de Camelle, Camariñas (Terra de Soneira). (Foto: M. Vilar).
star
Análise

Xeometrías da pertenza

Manuel Vilar é o director do Museo do Pobo Galego.
A escritora, xornalista e docente Montse Dopico (Foto: Alberto Fílmate).
Contracultura

Montse Dopico: "Grazas a 'Abonda con vivir' descubrín unha Villalta moito máis activista do que sabía que fora"

Montse Dopico (A Pontenova, A Mariña, 1977) é a autora de 'Abonda con vivir' (Xerais), unha análise literaria, sociolóxica e histórica arredor da figura de Luísa Villalta a través da memoria das persoas que a coñeceron.
"¡Cobardes! ¡Asesinos!". Muller rapada, cos brazos mutilados e coas siglas UHP marcadas na fronte. (Foto: Castelao)
star
Reportaxes

As mulleres na 'Galiza mártir'

Vexo un povo encadeado,
qu'en silencio chora e sofre,
i-unha turba d'asesiños,
convertidos en señores.

Ramón Rey Baltar, A gaita a falare, 1938

A mestra de secundaria e docente no Centro Galego de Arte Contemporánea, Paula Blanca Rodríguez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Paula Blanca Rodríguez: "Atopei unha conexión entre a rebeldía evidente e a rebeldía solapada na pintura"

Blanca Paula Rodríguez (Compostela, 1973), licenciada en Dereito e Historia, é a autora do ensaio 'Catro exemplos da ‘arte dexenerada’ galega fóra da España saudábel', onde recolle as confluencias de Maruxa Mallo, Eugenio Granell, Luís Seoane e Manuel Colmeiro e que foi galardoado co Premio Manuel Murguía de Ensaio, outorgado pola Deputación da Coruña.
Uns poemarios saídos nos últimos tempos comparten esa perspectiva común de botar a ollada cara atrás. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Fragmentos de memoria

Xoán Carlos Domínguez Alberte é profesor de ensino público e escritor.
Benito Vicetto de novo segundo un retrato a pluma doado a RAG por Antonio Rey Escariz.
CULTURA

Benito Vicetto: o pioneiro esquecido da historiografía da Galiza

Hai obras que só o paso do tempo coloca no seu lugar. A de Benito Vicetto, monumental en cantidade e en ambición, adquire, vista desde hoxe, a condición de traballo seminal para a historiografía galega e para a recuperación dos sinais de identidade da Galiza.
Iria Castro nun acto de homenaxe a Andrea López en Mondoñedo.
MEMORIA E HISTORIA

Lugo homenaxea o labor da mestra Andrea López Chao na emigración

A área de Cultura da Vicepersidencia recoñece o traballo da mestra mindoniense emigrada a Cuba onde desenvolveu, a comezos do século pasado, un labor pioneiro na defensa do dereito á saúde e á educación das mulleres.
©EDITORIAL CANELA_Os_Rosales_con_Fina
CULTURA

Rianxo declarará Fillos Predilectos os fundadores de Os Rosales, Xosé Romero e Maruxa Miguéns

O nomeamento parte dunha moción do BNG
Ofrenda floral na inauguración do Memorial ás vítimas do franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal. (Foto: Iago Varela)
star
Reportaxes

Honrar a memoria en Ferrolterra, Eume e Ortegal

A cidade de Ferrol conta á fin cun Memorial que recolle a lista das vítimas mortais do franquismo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Son os nomes das 904 vítimas da barbarie entre os anos 1936 e 1975 cuxos casos puideron ser contrastados en fontes documentais. A inauguración do monumento supón un fito importante para a Comisión Pro Memorial, tras perto de sete anos loitando polo cumprimento do acordo para a súa construción.
Á esquerda, escavación dunha fosa común no cemiterio de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa; á dereita, de arriba a abaixo, traballos de exhumación de fosas en Oza-Cesuras e Crecente. (Fotos: Histagra)
MEMORIA E HISTORIA

A cartografía da represión franquista, da man de Histagra: "A Historia non é algo inamovíbel que está escrito nos libros"

O primeiro Plan Cuadrienal Memoria Democrática concibido polo grupo Histagra para buscar, identificar e exhumar a persoas desaparecidas durante a represión franquista chega ao seu último ano facendo un esforzo de divulgación e socialización do estudado.
Gravado de Vicetto tirado da revista 'La Ilustración Gallega y Asturiana', dun número de 1878 editado coincidindo coa morte do historiador.
star
Análise

Vicetto: o esforzo por contarmos cunha Historia de Galiza

Francisco Rodríguez é historiador e crítico literario.
Casa de Rosalía de Castro na Coruña
CULTURA

O BNG insta a recuperar e musealizar a casa na que viviu Rosalía de Castro na Coruña

A concelleira do BNG Mercedes Queixas vén de rexistrar unha batería de preguntas por escrito por medio das cales insta o Goberno Local a que cumpra a moción aprobada no Pleno de 2021 e promova a rehabilitación e musealización da casa coruñesa -no número 3 da Rúa do Príncipe- na que morou Rosalía de Castro entre os anos 1871 e 1874.