Meirás

Acto de entrega do pazo nas dependencias da biblioteca de Pardo Bazán. (Foto: M. Dylan / Pool / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

Cruce de acusacións e ataques políticos con Meirás como fondo

A entrega das chaves do pazo de Meirás, que estivo 82 anos en mans do ditador Francisco Franco e da súa familia, é un dos temas máis comentados do día nas redes sociais. Porén, este día histórico aproveitouse como soporte para outro tipo de ataques e acusacións políticas e de ideario.
Imaxe de xente protestando ás portas da propiedade. (M.Dylan / Pool / Europa Press)
Devolución do pazo de Meirás

A avogada xeral do Estado: “É un día de xustiza histórica”

A propiedade e os bens inventariados xa son propiedade pública após 82 anos en mans da familia Franco. Malia que este traspaso é provisional á espera da sentenza definitiva, celebrouse este paso cara a recuperación para o patrimonio público.

carlos babío - foto BNG
SOCIAL

Carlos Babío reivindica a loita democrática para recuperar Meirás

Apela a seguir traballando para recuperar outros bens "expoliados".

Meirás garda Civil M. Dylan  Europa Press
SOCIAL

Feito o traspaso oficial de devolución do Pazo ao Estado

O trámite desenvolveuse na torre do pazo onde está a biblioteca de Pardo Bazán.
A batalla de Meirás
MEMORIA E HISTORIA

A batalla de Meirás

A devolución de Meirás, como todas as batallas pola xustiza, a dignidade e a memoria, foi un proceso longo e colectivo. Neste vídeo do BNG nárrase como se desenvolveu, "da Transición até hoxe, co nacionalismo e os colectivos pola memoria histórica como motor fundamental"
Pazo de Meirás (Imaxe: M.Dylan).
POLÍTICA

O BNG propón facer do pazo de Meirás un centro de recuperación da memoria histórica

O BNG propón converter o pazo de Meirás nun centro de recuperación da memoria histórica galega no que, como "lugar de represión", estea presente a "memoria das vítimas e da súa dignidade" e tamén reclama que o conxunto sexa transferido á Xunta, unha vez o Estado teña a posesión.
A comitiva que accedeu ao pazo o primeiro día de inventario. (Foto: M.Dylan / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

O inventario de Meirás: desde as estatuas do Mestre Mateo até mobles da familia real

A documentación das e dos expertos que fixeron o estudo fala de case 700 bens de interese para o patrimonio cultural galego. O informe ao que tivo acceso Europa Press inclúe elementos situados tanto na finca como no interior do inmoble.

meirás
Concello da Coruña

Meirás, centro da memoria histórica galega

A moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego para crear un centro da memoria histórica no pazo sae adiante.
Imaxe da vista polo recurso da familia Franco. (Foto: Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

Os Franco deixarían os bens en Meirás por un "prezo razoable"

O avogado da familia do ditador afirma, na vista polas medidas cautelares que pesan sobre as propiedades do interior do pazo, que "a maior parte das cousas as puxeron eles".
Un instante da xornada na que se comezou o inventario de bens no pazo. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

O xulgado adía a vista pola prohibición de que os Franco retiren bens de Meirás

A Avogacía do Estado solicitou ao Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña o atraso da data do 27 de novembro ao 2 de decembro. En paralelo, o Diario Oficial da Galiza (DOG) xa publicou a incoación do procedemento para declarar BIC a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, cunha importante parte gardada no pazo.

Meirás, con M de Memoria

Vista do pazo de Meirás cando foi obxecto dunha acción reivindicativa. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O plan da Xunta para Meirás, sen espazo para a memoria histórica

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou algunhas das liñas do plan no que traballa a administración para a futura xestión do inmóbel. Non hai referencias á memoria histórica. Quer facer de Meirás un espazo para reivindicar "a forza creativa da muller"

Meirás garda Civil M. Dylan  Europa Press
SOCIAL

Os Franco piden pospoñer a entrega de Meirás e "polo menos dous meses" para retirar os bens

Solicitan ao xulgado que se aplique este prazo unha vez conclúa o inventario.

Pazo de Meiras. (Foto:Europa Press)
SOCIAL

O avogado do Estado advirte de que inventariar Meirás "levará un tempo"

Mentres no pazo de Sada hai certos avances, en Compostela retómanse os trámites para recuperar pezas do Mestre Mateo que pertencían á catedral e que están en poder da familia do ditador.
Meirás garda Civil M. Dylan  Europa Press
MEMORIA E HISTORIA

Técnicos da Xunta, avogados e a xuíza acceden ao Pazo de Meirás para iniciar o inventario de bens

O alcalde de Sada  volve pedir que a declaración BIC se estenda a pezas de "interese conxunto".

Vista do pazo de Meirás cando foi obxecto dunha acción reivindicativa. (Foto: Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

O alcalde de Sada pide á Xunta un trámite legal para protexer os obxectos de Meirás

EuropaPress_3417607_actor_fernando_moran_quien_puesto_piel_francisco_franco_interviene_marcha
MEMORIA E HISTORIA

A xuíza impide que os Franco retiren bens de Meirás até facer o inventario

A maxistrada admitiu a trámite a medida "cautelar" que pediu hoxe mesmo o Estado para impedir que saian do inmoble bens que tamén lle correspondan á cidadanía.
Pazo de Meirás (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O Xulgado admite o recurso da familia Franco polo pazo de Meirás

A representación legal da familia do ditador considera "tecnicamente deficiente" o auto que a obriga a devolver o inmóbel, declarado pola maxistada propiedade do Estado español.

Libros confinados

Un mundo paralelo