star
A onomástica nacida da terra
Lixó, Lousada, Loxo, Lúa, Maía e Maside
30/set./21
Media ducia de apelidos son tratados desta volta; achéganse as súas etimoloxías e dáse conta de documentos históricos nos que aparecen como tal ou ben como topónimos. A referencia máis antiga vinculada coa terra da Maía facilítaa López Boullón, ao sinalar que xa se constata polo ano 569. Tamén se ofrecen referencias ou extractos de documentos de 1281, 1340, 1365 e unha manchea do século XVI. Contamos para esta ocasión, ademais, cunha entrevista que lle puidemos realizar ao escritor e historiador Carlos Lixó.