Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O TSXG critica a actitude “maliciosa” da administración galega na hora de fixar os servizos mínimos nunha xornada de paros e greves das mulleres.
Hai data para a III Asemblea Nacional de Anova, cuxa coordinadora se reuniu o sábado en Teo, será o 18 de marzo e fica pendente o espazo en que se desenvolverá.
Comités, Liga e Agir preparan a asemblea constituínte da que xurdirá un novo axente para o estudantago galego.
A novena edición do Festival Internacional Pórtico do Paraíso ofrecerá concertos de Les Éléments, Katonia Twins Guitar Duo, Manuel Vilas, Capella Duriensis, Emilio Villalba e Sara Marina, laReverdie e Spanish Brass Luur Metalls.
A incógnita está en saber se finalmente poderá concorrer ás eleccións vascas do próximo mes de outubro.
Xa estaba prevista no calendario que manexaba a organización. O anuncio fíxoo na súa primeira comparecencia após o 20D Xavier Vence.
A Audiencia Nacional española fixa no día 28 o esgotamento da condea.
Marzo foi un moi bon mes para Sermos Galiza. O web atinxiu o seu máximo histórico en utilizadoras/es únicas/os, ao alcanzar os 88.516. A nosa audiencia viu un total de 455.578 páxinas. Relacionamos a seguir as 10 pezas máis vistas do mes.
Comentaba Xulia Alonso, representante da plataforma de persoas afectadas pola Hepatite C, que lle gustaría agradecer a súa concorrencia nas Marchas e a oportunidade de falar e poder expresar as inquedanzas do seu colectivo con dirixentes como os do SAT ou coas voces máis progresistas da cultura, como Willy Toledo.
O PP rexeitou modificar a lei para garantir o acceso a esta axuda durante todo o ano e sen interrupcións, como demandaba o BNG.
Unha queda sostida e constante dos prezos supón un risco para a economía do Estado español e a zona euro. No conxunto do Estado esa baixada foi no que vai de ano dun -1,2%. En Galiza, -1,4%
A realidade social e económica na que celebramos este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, obríganos ás mulleres e máis concretamente ás mozas, a analizar o que está a acontecer cos nosos dereitos, e os retrocesos que se están a producir logo da chegada do PP ao goberno tanto central como da Xunta.
Os galardóns que anualmente concede a central sindical nacionalista foron para dous dos grandes conflitos en que @s traballador@s amosaron maior resistencia: a das operarias da Residencia Valle-Inclán e de Albada.
Este 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres. Con motivo desta data publicamos un caderno monográfico arredor da transversalidade do pensamento feminista. Faite con el na nosa loxa.
O Parlamento crimeo adiantou a convocatoria do referendo de autodeterminación para o 16 de marzo após aprobar por unanimidade unha resolución que insta Rusia a estudar unha posíbel anexión crimea.
Esta cuarta feira desenvolverase na Coruña a primeira manifestación convocada pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados en protesta polas multas e sancións coas que Facenda está a protagonizar unha campaña de “persecución e roubo” contra o colectivo. Despois de teren que marchar do país para sobrevivir, denuncian que á volta reciban un trato de “estafadores”.
O 13 de Marzo, Sermos Galiza incrementará a súa paxinación. Máis páxinas, máis contido, polo mesmo prezo.