star
SOCIAL
A nación dos mil viños: Os viños de Galifornia
28/xan./22
Rematamos a viaxe pola xeografía dos viños da Galiza nas zonas de produción máis cálidas, na franxa oriental de influencia climática continental, con temperaturas máis altas no período de maduración das uvas nas viñas. Tamén rematamos con proxectos de futuro que incorporamos aquí. Das terras do Navia xa temos viños no mercado e pronto será nova indicación xeográfica protexida. E da Baixa Limia falamos para alentar o seu rexurdimento vitivinícola.