star
CULTURA
O Consello da Cultura edita a obra cimeira de Martín Sarmiento
08/mar./23
O Museo de Pontevedra acolleu o pasado día 7 a presentación dun proxecto longamente acariñado polo Consello da Cultura Galega. Trátase da culminación da edición De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, que contén o pensamento de Martín Sarmiento e que foi realizada en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas.