A investigación provisional do naufraxio do barco Vila de Pitanxo apunta a determinadas contradicións coas declaracións dos superviventes e da propia armadora, entre eles o número autorizado de tripulantes ou a causa do afundimento do buque.
O patrón da 'Vila de Pitanxo', Juan Padín, asegurou que unha parada repentina do motor foi a causa do naufraxio, unha versión que se contrapón coa de Samuel Kwesi, un dos tres sobreviventes, que afirmou que o aparello se quedou embarrado no fondo do mar.