María Soliña

Sonia Couto, Sonia Salgado e María Fernández ensaiando o seu papel de meigas na ópera. (Foto: Cedida)
CULTURA

A vida de María Soliña nunha ópera-folk

O próximo 8 de maio estréase no Auditorio de Cangas a primeira ópera-folk galega que narra a historia de María Soliña, unha muller canguesa que, con 70 anos, foi acusada de ser bruxa e despoxada de todos os seus bens por parte dos poderes eclesiásticos no século XVII. O compositor da obra, Nacho Mañá, a soprano protagonista, Carmen Durán, e o libretista e tenor, José R. Bustamente explican a 'Nós Diario' a importancia desta figura e como reinterpretan cunha visión máis moderna os valores de loita e poder feminino que Soliña representou durante a súa vida.  
 
Fotograma de María Solinha (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Ignacio vilar: dragóns de hoxe

Entre os feitos insólitos que trouxo a pandemia, algúns non semellan tan malos: María Solinha, o último filme de Ignacio Vilar, chegará antes ao rural que ás cidades. Ante o adiamento da estrea en salas, prevista para maio, a equipa optou por levar a película de xira polos concellos da Galiza, comezando a sexta feira por Redondela e este sábado en Cangas. O filme nútrese da lenda traída ao presente, nos espellos dos xogos coa realidade que procuran un público activo e denuncian a presenza deses dragóns que mudan de forma, mais seguen a acosar a liberdade das "solinhas" de hoxe. 
A actriz Grial Montes (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

Dragóns, inquisicións e outros infraseres

Cando pensas que Ignacio Vilar tocara teito con A esmorga, vai e saca Sicixia. E cando pensas que xa si, volve abraiar con María Solinha
María Solinha
CULTURA

'María Solinha', galardoada no 66º Festival de Cinema de Taormina, en Sicilia

O novo filme de Vilar competía polo premio con outras once longametraxes de Francia, Polonia, Irlanda, Turquía, Grecia, Reino Unido, Rusia, Italia e Bulgaria.


 

María Solinha
CULTURA

Crítica de cinema: María Solinha

O crítico de cinema Andrés Castro debulla o último filme de Ignacio Vilar.
Proxección de María Solinha en Verín (Vía Láctea).
CULTURA

'María Solinha' estréase en Verín en formato autocine, con grande afluencia de público

Ignacio Vilar leva, de maneira pioneira, o cinema ao rural antes que á cidade
Sen titulo
Nós Diario

Sermos Galiza: María Solinha, un filme contra o dragón

As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario unha conversa a fondo co director de cinema Ignacio Vilar, unha reportaxe sobre as historias en torno a animais que poboan Galiza e falamos sobre o nome fascista do estadio do CD Lugo.

Grial Montes dá vida a María Soliña.
Cultura

Ignacio Vilar estreará 'María Solinha' en 100 cines ao ar libre e autocines no rural

Proxeccións por toda a Galiza, Portugal e Castela e León 
Aparcadoiro centro en Verín (Concello de Verín)
CULTURA

'María Solinha' estrearase en xuño nun autocine en Verín

O Concello de Verín fechou un acordo con Vía Láctea Filmes para acoller a primeira exhibición mundial da estrea da película María Solinha, de Ignacio Vilar. Será nun autocine aproveitando a rede de parkings públicos que cambiaron a mobilidade urbana na vila do Támega nos últimos anos.
Grial Montes dá vida a María Soliña.
GRIAL MONTES

"Para facer María Soliña baseeime nas mulleres que fan parte da miña vida desde pequena"

A historia de María Soliña segundo o cineasta Ignacio Vilar subtitúlase A María Solinha do século XVII e a María Solinha do século XXI foron atacadas polo dragón. O salvaxe animal do patriarcado é, no guión da sexta longametraxe do director da Esmorga (2014), o que lle permite trazar a versión 2.0 dunha muller condenada pola Inquisición acusada de bruxa. É a actriz Grial Montes (22 anos) a que encarna a protagonista do relato no seu primeiro traballo cinematográfico. Responde a Sermos vía telefónica desde Redondela, onde afronta a quinta e derradeira semana dunha rodaxe producida por Vía Láctea Films. Eis un extracto da entrevista publicada no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza.
maría soliña deputación pontevedra
Ignacio Vilar inicia a rodaxe do seu novo filme

María Solinha contra o dragón

O dragón -a coca- dorme nunha cova debaixo da Illa de San Simón. A cada pouco sae da gorida e secuestra unha moza. Até que os rapaces mariñeiros de Redondela deciden facerlle fronte e acaban coa ameaza. A lenda está de fondo no novo filme de Ignacio Vilar, María Solinha, cuxa rodaxe comeza o vindeiro 19 de agosto. Pero vai evidentemente máis alá.
Ignacio Vilar
Cinema

Todo pronto para a rodaxe de María Solinha

Ignacio Vilar anunciou o inicio da rodaxe do seu novo filme María Solinha para o 19 de agosto. O director d’A Esmorga aborda agora a figura dunha muller que desafiou a orde estabelecida, que se converteu nun mito e que foi condenada pola Inquisición e despoxada dos seus bens.

Ignacio Vilar e o alcalde de Cangas do Morrazo
O cineasta reintepreta esta figura histórica no seu novo proxecto

Ignacio Vilar: “No meu próximo filme imos retratar unha muller libre, unha Maria Solinha 2.0”

O Concello de Cangas ven de asinar un convenio co director Ignacio Vilar para participar como “capital semente” no próximo filme do cineasta, Maria Solinha, que será rodado principalmente no municipio. “En todas as nosas películas comezamos coa procura de financiamento, e estamos moi agradecidos ao Concello de Cangas, que é un lugar onde o teatro está moi vivo, por poñer a primeira pedra”, explica Vilar.
 

ignacio vilar na rapa das bestas 380
Un convenio co Concello de Cangas facilita a produción da obra

Ignacio Vilar anuncia un filme sobre María Solinha

Ignacio Vilar, que percorreu salas de todo o país e parte do estranxeiro cos seus dous últimos filmes, volverá ás cámaras para rodar unha ficción sobre María Solinha. Anunciarano esta quinta feira en Cangas do Morrazo, onde a produtora Vía Láctea Films e o concello da localidade asinarán un convenio de colaboración “para o desenvolvemento e produción da longametraxe”.