María Casares

A recoñecida actriz galega María Casares. (Foto: Europa Press)
CULTURA

María Casares, protagonista na Galiza e fóra polo centenario do seu nacemento

Anúnciase unha ampla axenda de contidos na súa honra para 2022. Esta proposta súmase á do Concello da Coruña, que hai unhas semanas anunciaba a programación de diversos actos para lembrar a esta actriz coruñesa.
O coordinador da programación, Xosé Aldea, coa alcaldesa, Inés Rei. (Foto: Andy Pérez) #maríacasares #acoruña #inésrei #cultura
CULTURA

A Coruña homenaxeará a actriz María Casares

O Goberno local de Inés Rei anunciou esta terza feira a súa intención de darlle un papel protagonista á actriz no ano 2022, co gallo do centenario do seu nacemento. A alcaldesa asegurou que esta "gran dama do teatro" merece que lle dean "o lugar que, por xustiza, lle corresponde". En consecuencia, tecerase unha ampla axenda cultural na cidade.
Espectáculo durante a cerimonia de entrega dos María Casares.
CULTURA

Os María Casares recoñecen nove espectáculos do teatro galego 

A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, con catro galardóns e Bailar agora, de Marta Alonso, con tres, destacan no alto do palmarés. Os nenos da varíola recibiu o premio ao mellor espectáculo infantil nunha gala dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira.
Xosé Barato durante a presentación da gala dos XXV Premios de Teatro María Casares (Foto: AAAG).
CULTURA

Os María Casares celebrarán o seu 25 aniversario cunha gala presencial contra as distopías

Será, ademais, unha cerimonia para reivindicar o humor e o xogo fronte á incerteza e a distancia que impuxo a pandemia. Un encontro para reivindicar a resistencia das artes escénicas.
maria casares
CULTURA

Máis de 300 profesionais e 38 espectáculos concorren aos María Casares de Teatro

A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico.

rociogonzalez
CULTURA

Rocío González: "As cousas están a mudar, coas mulleres na escena e a perspectiva de xénero"

A Rocío González acaban de outorgarlle o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, nomeadamente polo seu papel en Liberto, de Rebordelos Teatro. Agora, compaxina nos escenarios esta montaxe coa comedia de Producións Teatrais Excéntricas, Estrela do día. Sobre todo isto conversa a actriz con Nós Diario.
‘Bernarda’, representada na imaxe, da compañía Malasombra, recibiu catro premios María Casares.
Crónica dos Premios María Casares

A compañía Malasombra triunfa sobre 'Fariña'

O espectáculo Bernarda, da compañía Malasombra, sorprendeu ao erixirse en gran triunfadora dos Premios María Casares 2020. A sorpresa tamén veu pola ausencia no palmarés de Fariña, unha obra que contou co favor do público e da crítica. Se cadra, un bo pretexto para reflexionar sobre a relación entre o teatro e o público no sistema teatral galego.
A actriz Esther Aja recolle o premio por Jose Prieto, autor do texto e director de 'Bernarda' [LaDiapo / AAAG].
CULTURA

'Bernarda', de Malasombra, triunfadora dos María Casares con catro galardóns

As sete candidaturas de 'Liberto' ficaron só con dous premios, os mesmos que levou 'O meu mundo non é deste reino'. Mónica García, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices da Galiza criticou a falta de compromiso da Xunta co sector na crise provocada pola pandemia.
maria casares
CULTURA

Suspendida a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares

XERAL 1
TEATRO

'Commedia' e 'Invisibles' reciben tres premios María Casares nunha noite repartida

Os XXIII Premios de Teatro María Casares repartiron galardón entre sete obras das 12 que aspiraban a algún dos recoñecementos. ‘Commedia’, de Contraproducións, e ‘Invisibles’, de Redrum Teatro, foron as pezas máis premiadas, con tres galardóns.

Lesbiana!

mabel rivera actriz. Imaxe. Mabelrivera.es
VICEPRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES

“Queremos seguir celebrando e descubrindo a figura de María Casares”

Conversamos con Mabel Rivera, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), sobre a homenaxe que se lle rende a María Casares no vixésimo aniversario da súa morte

maria-casares-foto-web-aaag
CULTURA

Homenaxe a María Casares en Cineuropa no seu vinte cabodano 

María Casares nacía na Coruña un 21 de novembro de 1922 e morría en Alloue (Francia) 74 anos despois, un 22 de novembro de 1996. Así que a semana vindeira a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) organiza unha homenaxe no seu vinte cabodano. 

mariacasares-coloquio
NO 20 CABODANO DO SEU PASAMENTO

Un recital e un coloquio en torno a María Casares

A Asociación de Actores e actrices lembra mañá quinta feira  a María Casares cun coloquio sobre a súa figura histórica na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. A semana vindeira, un recital poético.

Foto familia
CULTURA

‘O principio de Arquímedes’, de Teatro do Atlántico, triunfa nos María Casares

Teatro do Atlántico acadou na noite dos María Casares cinco estatuíñas, entre elas as merecentes ao mellor director e o mellor espectáculo. ‘Xardín suspenso’, do Centro Dramático Galego, leva tres.

Portada RGT 13 001
A GALA SERÁ O 30 DE MARZO

Premio de Honra dos María Casares para a Revista Galega de Teatro

A Asociación de Actores e Actrices de  Galicia (AAAG) vén de anunciar que lle concede este ano á Revista Galega de Teatro o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria desta histórica publicación. 

ensaio_cegueira
CULTURA

Teatro do Atlántico, do Morcego e Sarabela compiten por boa parte dos María Casares

As obras que acaparan maior número de nomeacións son ‘O principio de Arquímedes’, de Teatro do Atlántico, que aspira a 8 galardóns; ‘Ensaio sobre a cegueira’, de Sarabela Teatro, que opta a 7, e ‘Presidente’, de Teatro do Morcego, que está de finalista en 5 categorías. Ademais, estas tres montaxes compiten polo premio ao mellor espectáculo.