Manuel Rivas

Rivas e Miranda
Foxa Atlántica

Ana Miranda e Manuel Rivas reclaman a retirada dos residuos radioactivos das costas galegas

O escritor Manuel Rivas e a eurodeputada do BNG Ana Miranda desenvolveron unha acción de protesta a bordo do barco Primeiro Vilar para demandar unha solución aos 220.000 bidóns que conteñen residuos radioactivos diante das costas galegas. Denuncian que se atopan descontrolados baixo a inacción do Estado español por considerar este cemiterio nuclear fóra das súas competencias.

Sen título
"En galego. É lóxico"

Rostros da cultura apoian o movemento pola declaración da renda en galego

Luis Zahera, Marta Pérez e Manolo Rivas defenden o galego como lingua de uso nos trámites institucionais. Secundan a campaña da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística que comezou o pasado mes de marzo polo galego na declaración da renda.

Manuel Rivas
O galardón recoñece autoras en linguas minorizadas

Manuel Rivas recibe o premio de Lingua Nai de Ostana en Italia

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) será o segundo autor en galego que recibe o Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana. O galardón distingue escritoras e escritores en “lingua materna”, linguas de pequenos territorios ou minorizadas.
 

Vivir sen permiso

contrabando narcotrafico alixo
CULTURA

Literatura que indaga na outra cara da sociedade

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o último libro narrativo de Manuel Rivas, estende os territorios narrativos de Todo é silencio e indaga no narcotráfico. Mais Rivas é apenas o último da serie de autores que se asomaron ao fenómeno. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 321 de Sermos Galiza.

Manuel Rivas
'Vivir sen permiso e outras historias de Oeste'

Manuel Rivas asómase ao narco no seu novo libro de relatos

De tres relatos longos componse o novo libro de Manuel Rivas, Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. O narcotráfico e como este acaba por se apropiar das comunidades é o asunto compartido polas tres pezas. Un deles, o que dá título ao volume publciado por Xerais, serviu de alicerce para a serie homónima de televisión.
 

Contra Todo Isto

rivas_manuel_foto_sol_mariño_2015_4
Manuel Rivas, escritor

"A alternativa a todo isto ten que ser unha rebeldía eficaz"

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) está en forma. Na escrita e na fala (é un grande contador de historias, un grande narrador oral). Acaba de entregar un volume que é un golpe na mandíbula do sistema, do establishment, dos poderes, das elites. Un golpe contundente na mandíbula de Todo Isto. Que Rivas se enfrenta a Todo Isto? Pois todos os Rivas, os incontábeis Rivas que existen. O Rivas narrador. O Rivas poeta. O Rivas ensaísta. O Rivas filósofo. O Rivas activista. A todos convocan as páxinas deste libro. E non só a eles, senón a unha multitude coral. As innúmeras voces que Rivas invoca, desde Adam Smith até Karl Marx, desde Walter Benjamin a Uxío Novoneyra. Todas están contidos en Contra todo isto. Un manifesto rebelde (Xerais), un alegato contra o actual estado das cousas que o escritor apresentou estes días polo país adiante.

rivas-carballo
CULTURA

Manuel Rivas inaugura a Praza dos Libros de Carballo lembrando a Paco Souto

Este evento cultural botou a andar esta mañá co pregón de Manuel Rivas, que lembrou ao compañeiro poeta Paco Souto. 

John Berger
CULTURA

A pegada de John Berger na literatura galega

O escritor británico faleceu esta segunda feira aos 90 anos

Gañador, membros do xurado e colaboradores
CULTURA

O I Premio Mondoñedo 10 elixe 'Os libros arden mal' como mellor novela da década

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) gañou o I Premio Mondoñedo10, un galardón que distingue Os libros arden mal como a mellor novela da década en lingua galega. O Premio Mondoñedo10 recoñecerá cada ano o mellor traballo nunha modalidade creativa, até completar un ciclo de dez que xa comezou coa narrativa.

Nación de vacas

maria do cebreiro
CULTURA

Manuel Rivas e María do Cebreiro, Premios da Crítica

O último día de Terranova e O deserto déronlles a Manuel Rivas e a María do Cebreiro, respeitivamente, os Premios da Crítica en lingua galega nas categorías de Narrativa e de Poesía.

manuelrivas
CULTURA

Inaugúrase en Bos Aires a cátedra Galicia-América apadriñada por Manuel Rivas

Coincidindo coa Feira do Libro de Bos Aires inaugúrase o vindeiro martes 26 a Cátedra Galicia-América na Universidade Nacional de San Martín apadriñada por Manuel Rivas. Con esta xa son tres as cátedras de estudos galegos que operan na cidade porteña.

Mario Regueira
QUE LER?

A última novela de Antía Nara e o teatro de Vidal Bolaño, as suxestións de leitura de Mario Regueira

Comezamos esta fin de semana a sección Que Ler? e facémolo da man do crítico literario que acompaña o Sermos de papel -o semanario- desde o seu nacimento, Mario Regueira.