Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Deixa a súa acta de deputado do Grupo Común da Esquerda. A seguinte na lista é afín ao portavoz de En Marea, Luís Villares.
Considera que non van servir para lle dar a volta a estes anos “de recortes” nin para impulsar “a actividade económica”.
Presentouse o novo nome e a estrutura organizativa do grupo parlamentario "que dará continuidade á tradición da unidade popular, que até agora se denominaba Grupo Parlamentario En Marea".
Non haberá portavocía rotatoria. En Marea só terá un voceiro, o economista Manuel Lago. Así o resolveu o grupo parlamentar esta segunda feira. A decisión, segundo puido saber Sermos, foi adoptada por unanimidade. No autoproclamado espazo da unidade popular Lago é independente, aínda que próximo a EU. Mantén unha boa relación co villarismo.
O portavoz parlamentar, que compareceu con Manuel Lago para debullar os orzamentos, tivo que contestar até 10 perguntas sobre o affaire Quinteiro. En todas e cada unha das respostas foi polo mesmo rego, non hai novidades ao respeito e o motivo da comparecencia é a análise das contas do estado e as alternativas da confluencia. Por súa parte, nunha entrevista na RG, Antón Sánchez descartou implicitamente a consulta telemática proposta por Villares por considerar que o proceso revogatorio ten máis garantías.
Na Galiza estarían en xogo por volta de 1.200 postos de traballo, afirma o parlamentar de En Marea, quen compareceu en conferencia de imprensa esta segunda feira na compaña da tamén deputada da confluencia e secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos.