Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A Manuel Antonio; sempre no mar é un poema esquecido de Celso Emilio Ferreiro. Non se trata dun inédito, dado que se publicou o 24 de agosto de 1960 en La Noche, mais si descoñecido. Non aparece recollido na Poesía Galega Completa (Xerais, 2004) nin nos máis antigos tres tomos da Obra completa (Akal, 1978-1981). Exhumouno o crítico e ensaísta Xesús González Gómez.
Xa está nas librarías Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía (Xerais), a máis agardada biografía do rianxeiro, que chega da man do seu maior especialista, Xosé Luís Axeitos, o académico de Asados que leva media vida dedicada ao seu estudo. Publicamos un extracto da entrevista recollida no semanario Sermos Galiza.
No 117 aniversario do seu nacemento un 12 de xullo en Rianxo, Xerais vén de sacar do prelo a biografía máis completa do poeta realizada polo maior especialista na súa figura, o académico Xosé Luís Axeitos, tamén de Asados coma o autor.