Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Case un centenar de porcos faleceron esta cuarta feira nun incendio rexistrado nas instalacións dunha granxa na Estrada (Terra de Montes). A alerta do 112 Galiza activouse arredor das 10 horas, cando o 061 avisaba de que se dirixía a esta granxa. Finalmente ninguén necesitou asistencia médica, mais houbo importantes danos materiais no illante do tellado da nave e a instalación eléctrica. Ademais o lume ocasionou a morte de case 100 animais, dos 200 que había na granxa. A empresa xestora das instalacións encargouse do traslado dos porcos que sobreviviron e da retirada dos que morreron. Fontes policiais situaron a orixe do lume nunha nave lindeira. O 112 tamén informou doutro incendio industrial, neste caso no municipio de Xinzo (A Limia), nunha fábrica de madeira do parque empresarial da localidade. Os bombeiros do parque comarcal de Xinzo foron os encargados de sufocar o incendio. Arderon dous silos de serraduras, posibelmente por un problema no sistema de extracción, mais non houbo feridos.
A empresa atópase no seu “mellor momento dos últimos anos”.
A Asociación Ecoloxista Adega denuncia que o novo Plan forestal do Goberno galego, exposto publicamente en 2018 e agora en trámite no Parlamento, supón “máis eucalipto” e provoca “menos consenso social que nunca”. Eis os seus motivos.
O festival “Música no Claustro” celebra a súa décima edición dos días 6 ao 10 con concertos, exposicións e actividades paralelas.
Cen collages que mostran o seu traballo cre-tivo de 25 anos nunha inmensa parede de 400 metros. “Tocar Madera” é o titulo da exposición que o artista Cé Tomé abre na galería A Nave de Vigo este sábado día 5 ás 18 horas.
Un venres coma todos os outros venres, un venres que era igual ao luns e ao xoves, e tamén ao domingo, no mes de xuño deste ano, Fran P. Lorenzo escribiu isto sobre Todos os días, a última novela de Alberto Ramos, Premio Vicente Risco de Creación Literaria: