Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Xosé Lois Romero, posiblemente un dos mellores percusionistas deste país, fai esta fin de semana unha preestrea do seu proxecto para evolucionar a percusión galega: Aliboria.
Mes e medio despois de chegar á alcaldía de Boimorto, Xosé Lois Rivas, Mini, (BNG) enfróntase a unha moción de censura rexistrada grazas a un concelleiro que se presentou pola lista do PSOE se sumar aos votos do PP. O alcalde non dubida en falar de “transfuguismo” e cuestiona a legalidade dunha moción que, para el, é “unha operación de altura” que responde á vontade do PP de gobernar a toda costa.
Teño o costume de lembrar datas, de celebrar aniversarios, brindar polas persoas queridas que se foron, evocar ás descoñecidas que me fixeron crecer, gozar coas que labraron co verso e a palabra e agradecer, sobre todo agradecer ás que axudaron a arrombar a casa común, en mans alleas e alleeiras.
Con De volta na Galiza, Sermos Galiza inicia a publicación dun novo caderno de análise coordinado pola Asociación Marusía de emigrantes retornados.
Catro anos despois de que a Academia lle dedicara o Día das Letras Galegas, o poeta Lois Pereiro é de novo centro dun ano de conmemoración. Desta volta, no seu concello natal, en Monforte de Lemos onde este sábado bota a andar un ano dedicado ao celebrado poeta.
Na súa viñeta, Xosé Lois conecta dous acontecimentos que esta cuarta feira coincidiron no tempo: o masacre dos humoristas gráficos franceses e o 65 cabodano de Castelao, un xigante do debuxo e a caricatura.
A crítica de arte Elena Pérez-Ardá achéganos ao filme Costa da Morte de Lois Patiño do punto de vista da imaxe audiovisual.
O documentario, galardoado nacional e internacionalmente, foi o trunfador do Festival de documentais Play-Doc en Tui.
O documental “Costa da Morte” de Lois Patiño gaña o premio ao mellor filme da competencia internacional do FICUNAM. Este novo premio do prestixioso festival mexicano súmase ao de Locarno no que Patiño foi recoñecido como mellor director emerxente.
O director vigués foi galardoado como o mellor director emerxente na 66ª edición do Festival de Film de Locarno
“Costa da Morte”, do director de cine Lois Patiño foi seleccionada para a 66 edición do Festival Internacional de Cinema de Locarno. Competirá na sección “Cineastas do Presente”.
A obra do vigués Lois Patiño vén de percorrer algunhas das grandes citas do cinema internacional, atesourando éxito tras éxito. A uns poucos meses da estrea do seu vindeiro traballo, Costa da Morte, o cineasta debulla con nós as claves dunha filmografía que afonda na fascinación do ser humano ante a inmensidade da natureza.