Leticia Santos

Luis López e Leticia Santos, esta terza feira na sinatura do convenio. (Foto: Nós Diario)
Agora

Deputación de Pontevedra e Concello de Moaña recuperarán as carpintarías de ribeira

A alcaldesa de Moaña (O Morrazo), Leticia Santos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinaron esta terza un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 dotado con 900.000 euros para financiar un proxecto para a rehabilitación das carpintarías de ribeira da Seara. A iniciativa céntrase na rehabilitación integral das carpintarías de ribeira de Casqueiro e Carlagho e na súa integración na contorna da praza e o paseo que bordea o areal da Xunqueira, na zona moañesa da Seara. 
María Ángeles Espinosa e Leticia Santos, esta quinta feira. (Foto: Unicef)
Agora

Moaña (O Morrazo) recibe o diploma que a acredita como Cidade Amiga da Infancia

Moaña (O Morrazo) xa é oficialmente unha "Cidade Amiga da Infancia". A súa alcaldesa, Leticia Santos, recolleu esta quinta feira o diploma que acredita esta vila morracense como tal, nun acto no que participaron, entre outros, a ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Luís Martínez-Sicluna Sepúlveda, e o presidente de Unicef –entidade que lidera a iniciativa–, Gustavo Suárez Pertierra. Cidades Amigas da Infancia recoñece as entidades locais que "colocan a infancia no centro da Política e das políticas en todas as áreas da xestión local". Xunto a Moaña recibiron tamén o galardón, entre outros, as cidades de Andoain (Euskadi), Benavites (País Valencià) e Polanco (Cantabria).
A alcaldesa nacionalista Leticia Santos. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Leticia Santos, alcaldesa de Moaña: "Primeiro deron escusas, agora xa nos din directamente que non devolverán as Urxencias"

Como cada domingo desde hai xa case dous anos, a veciñanza de Moaña concentrouse onte de novo diante do centro de saúde, que arrodearon cunha cadea humana, para reivindicar máis unha vez a restitución das Urxencias e o reforzo das ambulancias no municipio, que aínda non recuperou os servizos de atención sanitaria dos que dispuña antes da pandemia. As e os case 20.000 moañeses, pois, teñen que ir até Cangas para que os atenda un médico entre as 15 horas e as 7h da madrugada, pois nese horario o seu centro de saúde fica fechado. 'Nós Diario' conversa coa alcaldesa, Leticia Santos (BNG), sobre a incansábel loita de Moaña que agora encadea xa cen semanas consecutivas de protestas.
Leticia Santos e Montse Prado xunto a membros das plataformaas locais de Moaña pola sanidade pública. (Foto: Nós Diario)
28-M

Moaña reivindica un centro de saúde propio con todos os servizos após ano e medio de protestas

A veciñanza leva xa 18 meses mobilízandose cada semana para demandar recursos sanitarios.
A alcaldesa nacionalista Leticia Santos. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Leticia Santos, alcaldesa de Moaña: "O servizo de urxencias médicas debe volver xa a Moaña"

A veciñanza de Moaña leva un ano mobilizándose pola recuperación das urxencias sanitarias. A alcaldesa da localidade, Leticia Santos, explica a Nós Diario a progresiva deterioración da sanidade pública e da calidade asistencial nese concello e as razóns da manifestación convocada para este domingo.  
Moaña, Leticia
POLÍTICA

Leticia Santos recunca como candidata do BNG á Alcaldía de Moaña

Leticia Santos repite como candidata nacionalista á Alcaldía de Moaña. A actual rexedora foi presentada nun acto realizado na mañá deste sábado, que contou coa presenza de arredor de 400 veciños. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, puxo a Santos “como exemplo do bo facer do BNG nos concellos mellorando a vida das persoas”.