Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Unha exposición recolle un cento de imaxes históricas recompiladas pola veciñanza da localidade e documentos históricos inéditos.
Será o sábado 8 de febreiro ás 17:00 horas na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o lugar no que naceu. BNG e Galiza Nova homenaxean ao Consello da Mocidade no cuarto cabodano da morte de Antón Moreda, o seu Secretario Xeral. Música e a poesía de Xavier Baixeras, poeta ao que Moreda admiraba, amais da presentación do libro e audiovisual arredor do Consello da Mocidade.
Celebramos o 20 cabodano de Moncho Valcarce, crego e home galego.
E celebrámolo aquí nas terras das Encrobas polo significado histórico que tivo a loita deste pobo, asoballado polos intereses do capital en conivencia coa administración, que concitou a meirande indignación e protesta popular na Galiza dos albores do posfranquismo. Loita á que Moncho Valcarce quedou unido para sempre co alcume do “cura das Encrobas” .
“A túa semente segue viva”, é o lema do cartaz da homenaxe a Moncho Valcarce que terá lugar día 31 de agosto a partir das 12 da mañá. Será nas Encrobas e comezará a carón da Igrexa e o busto do que foi crego da parroquia que se rebelou para defenderen a súa terra. Vinte anos despois da súa morte, o crego das Encrobas recibe unha homenaxe popular.