leite

Vacas nunha gandaría de produción láctea en Sabadelle, Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

O leite galego é o único que se paga a menos de 50 céntimos por cada litro

A Galiza contabilizou 33 explotacións leiteiras menos no mes de febreiro.
Vacas dunha gandería de lácteo na parroquia de Sabadelle, en Chantada (comarca homónima), o pasado mes de agosto (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Os novos contratos de recollida do leite rebaixan o prezo até 5 céntimos por litro: "Todas as empresas xogan á baixa"

Coa chegada do mes de abril tamén chegou o momento de renovar a maior parte dos contratos de recollida de leite nas explotacións galegas. A confirmacións duns prezos inferiores aos que tiñan, que oscilan entre 2 e 5 céntimos menos por litro, provoca queixas no sector.
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Industrias lácteas aproveitan a renovación dos contratos para baixar o prezo entre 2 e 4 céntimos

A Fruga pide á Consellaría de Medio Rural que poña en marcha a Mesa de Interlocución Láctea da Galiza.

Envases de leite (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Até cando poderán as gandarías reclamar as perdas derivadas do cártel do leite?

Un importante grupo de empresas lácteas formou un cártel para intercambiar información comercial e pactar prezos entre os anos 2000 e 2013, segundo confirmou a Audiencia Nacional no mes de febreiro.
Vacas nunha gandaría de lácteo de Sabadelle, en Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A industria anticipa que nos próximos dez anos fecharán 3.000 granxas de leite

As organizacións agrarias alertan do impacto dos feches no rural.
O presidente de Unións Agrarias, Roberto García, atendeu os medios antes de declarar na Audiencia Nacional o 22 de xuño de 2023 (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).
ECONOMÍA

A coordinación do cártel do leite quedou probada a través de anotacións e correos

'Nós Diario' tivo acceso a unha das sentenzas da Audiencia Nacional.
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A industria manipulou os prezos do leite: as organizacións agrarias preparan o proceso para reclamar as perdas

Nove sentenzas da Audiencia Nacional veñen de corroborar que, entre 2000 e 2013, varias industrias leiteiras argallaron un cártel para controlar os prezos que lles pagaban polo leite ás explotacións. Agora, as organizacións agrarias prepáranse para reclamar as perdas.
Vacas nunha gandaría de lácteo na parroquia de Piñeiro, en Xermade (comarca da Terra Chá). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Xustiza

A Audiencia Nacional confirma a existencia dun cártel lácteo

A Audiencia Nacional considera acreditada a "existencia de intercambios de información sobre prezos e outras condicións comerciais" entre empresas competidoras do sector. O Tribunal ratifica multas por valor de 28 millóns.
Explotación gandeira de leite na Comarca do Deza (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A entrada de produtos desde outros países lastra o agro galego: fóra de tempada e de peor calidade, mais a menor prezo

A competencia desleal, con prezos baixos e a entrada de produtos transformados desde outros países, dificultan a continuidade das explotacións agrarias galegas. Entidades labregas e expertos analizan esta situación e a falta dunha industria de transformación dos produtos primarios na Galiza.
Un grupo de vacas leiteiras comendo unha mestura de cereais. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Os gandeiros galegos producen catro de cada dez litros de leite no Estado... pero son os peor pagados

O litro de leite galego pagouse ao remate de 2023 a 49,5 céntimos (único que non alcanza os 50 céntimos) malia ser Galiza a principal produtora.
O secretario de Coordinación Sectorial e responsábel dos servizos xurídicos de Unións Agrarias (UUAA), Félix Porto, á dereita, esta terza feira.
ECONOMÍA

Unións Agrarias acusa a leiteira asturiana Capsa de lanzar unha "campaña de asedio" ao sindicato

A organización sindical agraria afirma que a empresa da industria láctea asturiana paga menos ao sector leiteiro galego que ao asturiano.
Grupo Lence.
Agora

Lence e SLG reúnense para avanzar na colaboración bilateral de cara ao futuro

Grupo Lence recibiu na súa sede de Lugo a representantes do Sindicato Labrego Galego (SLG) para traballar no avance da colaboración de cara ao futuro. Así, ambas as partes realizaron esta cuarta feira un percorrido pola planta da firma lucense. Tras iso, tamén mantiveron un encontro privado no que abordaron temas como o actual momento do sector lácteo, as gandarías, o rural e os principais retos globais que están por chegar nestes eidos.
Unha muller traballa durante o muxido na gandaría Bértolos en Serranos en Macedo, Friol,  comarca de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

2.500 millóns de euros, a "débeda" do 'Cártel do leite' coa gandaría galega

A proximidade da resolución da Audiencia Nacional sobre a manipulación de prezos do leite pola industria reactiva as accións para incrementar as denuncias das gandarías. Sindicatos labregos animan as explotacións a reclamar para recuperaren o que cobraron de menos.
Vacas nunha gandaría de lácteo de Sabadelle, en Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

48% do leite galego expórtase sen ser antes transformado

A Galiza é o primeiro territorio produtor de leite no Estado español e atópase entre as principais rexións produtoras da Unión Europea (UE). Porén, o sector lácteo adoece dun problema, o escaso valor engadido que se lle dá ao produto. Desta maneira, 48% do leite galego sae do país sen ser transformado e até 60% dos produtos finais envasados na Galiza trátanse de leite líquido.
Ana Pontón, no centro, na visita desta terza feira ás instalacións de CLUN. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Pontón aposta por activar a mesa do leite para garantir prezos xustos

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou esta terza feira as instalacións da cooperativa gandeira CLUN en Ames (comarca de Compostela).
Explotación gandeira de lácteos en Sabadelle, Chantada. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

O leite galego segue a ser, un mes máis, o peor remunerado do Estado: 47 céntimos por litro

A gandaría galega representa case a metade da produción láctea total do Estado, un peso que non se ve correspondido co seu prezo.
Vacas nunha explotación leiteira. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A gandaría galega soporta o prezo do leite máis baixo

O sector leiteiro segue á cola do Estado español en beneficios
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Unións Agrarias carga contra as lácteas Río e Celta por querer rebaixar a cotización do leite en orixe

O sindicato agrario afirma que o recorte de prezo que reciben as gandarías sería "letal" para as explotacións.
O litro de leite galego pagouse en agosto a apenas 0,476 euros.  Na imaxe, unha explotación gandeira en Sabadelle, Chantada. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

O dilema dos gandeiros galegos: producen 41% do leite do Estado e cobran o prezo máis baixo

Varias organizacións do sector urxen medidas á Xunta para reverter esta situación que prexudica a gandaría galega, un país que perdeu case 100.000 explotacións leiteiras desde a entrada na daquela Comunidade Económica Europea hai case catro décadas.
Vacas nunha gandaría de produción láctea en Sabadelle, Chantada (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

O drama no sector lácteo galego continúa: Galiza, onde máis leite se produce e onde menos se paga

Galiza entrou en 2023 baixando da barreira dos 6.000 produtores e continúa en descenso. Con todo, supoñen 56,5% do total de máis de 10.000 gandeiros lácteos no Estado español.