Ledicia Costas

Bubble

Ledicia Costas (Foto: Plumeria)
star
Libros: 'O neno de lume', de Ledicia Costas

A luz que nos alumea

Unha aventura que, como non podería ser doutra forma, revelará o segredo da orixe do protagonista e da súa propia natureza.
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega actual (Foto:Nós Diario).
CULTURA

Ledicia Costas: "O deseño dunha obra literaria ten moito de incerteza. Cada libro é un salto ao baleiro"

Ledicia Costas segue colleitando éxitos na literatura para adultos e tamén na infantil e xuvenil. Atende a Nós Diario despois de presentar nunha escola a obra A Señorita Bubble e continúa de xira con Golpes de Luz, ambas editadas por Edicións Xerais. Na conversa defende sen ambaxes a súa traxectoria e o esforzo como único camiño para chegar a compracer o público.
Ledicia Costas vén de presentar a nova aventura da saga dos Minimortos (Foto: Plumeria).
CULTURA

Ledicia Costas, escritora: "A morte galega gaña terreo polo mundo!"

Cada primeiro de novembro, os vivos dunha parte do mundo celebran a festa dos mortos mentres que os minimortos festexan... a dos vivos? Mais a que lle teñen medo os minimortos? Conversamos coa súa creadora, Ledicia Costas, neste Día de Defuntos, para saber máis sobre O Día dos Vivos (Xerais, 2021, con ilustracións de Mar Villar), a última entrega da saga dos minimortos. 
Ledicia Costas.
star
Libros: 'Vampira de biblioteca'

Chucha-livros

Isso advirte a protagonista: se  não vás ler como verdade isto que conto, fecha o livro e continua a tua vida sem incomodar nem fazer perder o tempo. As leitoras incorporadas à narrativa como pares, como iguais. 

Ledicia Costas (Imaxe: Cedida)
SOCIAL

Sermos Galiza: De Ledicia Costas e Din Matamoro a videoxogos de fútbol

Aproxímase o sábado, día en que verá a luz o semanario Sermos Galiza, que nesta ocasión recolle unha ampla entrevista coa escritora Ledicia Costas, unha reportaxe sobre a obra de Din Matamoro no Marco de Vigo e outra sobre o éxito do fútbol virtual da man dos videoxogos. Mais iso non é todo. Un roteiro, teatro, música, cinema e literatura completan a oferta de contidos.

Ledicia Costas. Foto: Plumeria
star
Entrevistas

Ledicia Costas: "Parece que as autoras de literatura infantil e xuvenil temos que pedir perdón por vender libros"

Se vivir da literatura é difícil en calquera parte do mundo, en lugares como a Galiza, escribindo en linguas minorizadas, aínda o é máis. Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das moi poucas galegas que o conseguiron. Aválaa xa unha traxectoria recoñecida, entre outros, co Premio Merlín, o Lazarillo, o White Ravens ou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura español. Nesta entrevista repasamos a súa andaina como escritora, marcada, segundo ela mesma di, polo feminismo e pola empatía coas persoas marxinadas por seren diferentes. 
IMG_20210604_123321
CULTURA

'Contaxio', o relato solidario de Ledicia Costas, Fran Alonso e María Solar

A dirección xeral de Familia da Xunta de Galiza e Unicef Comité Galiza presenta o conto 'Contaxio', creado durante o confinamento por María Solar, Fran Alonso e Ledicia Costas baixo a coordinación da actriz e presentadora Lucía Regueiro. O proxecto solidario tivo un precedente audiovisual para o que se contou con diversas caras da ficción galega.
lediciacosta1
CULTURA

Ledicia Costas lidera a listaxe de libros máis lidos dos clubs de lectura escolares

A Consellaría de Educación da Xunta da Galiza fixo pública na xornada de hoxe a listaxe dos títulos e das autoras e dos autores máis lidos nos clubs de lectura do ensino secundario no curso 2019/2020.
premioscul
CULTURA

A Xunta entrega os Premios da Cultura nun contexto de dificultades para o sector

A Cidade da Cultura acolleu na tarde da quinta feira o acto de entrega dos Premios da Cultura, que este ano recaeron en Ledicia Costas, Xurxo Lobato, A Central Folque, Xosé González, Manuel Puga, Consuelo Pampillón, Ildiko Szijj e Chema Prado.

Retrato de Ledicia Costas (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Chuchando tinta

Cos libros das pequenas defuntas Ledicia Costas abría un mundo que lle deparou moitos éxitos. A presenza desenfadada da morte e do macabro en obras dirixidas á xente moza supuñan un ton novo a unhas temáticas que foran moitas veces esquivadas ou tratadas dentro do convencional. 
Ledicia Costas (Xerais).
CULTURA

As autoras encabezan os 50 libros máis lidos polos clubs de lectura escolares

Oito mulleres nos dez primeiros postos, con 'Infamia', de Ledicia Costas, na primeira posición
Ledicia Costas (Xerais).
Cultura

'Caramomia', unha novela interactiva e colaborativa escrita a oito mans

Un proxecto literario en Instagram para a rapazada
20000-leagues-under-the-sea-1954-
Tradución de 'Vinte mil leguas baixo dos mares'

Jules Verne regresa aos mares da Galiza

Jules Verne estivo dúas veces en Vigo. Non por coñecidas deixan de ser estas visitas fascinantes. Pero o máis fascinante é que antes de viaxar fisicamente fíxoo nunha das súas novelas, na célebre Vinte mil leguas baixo dos mares. Xerais publica agora unha tradución da obra, con limiar da escritora Ledicia Costas.
foto_FS_p4-5
Entrevista a Ledicia Costas

"A literatura ten que axudar a comprender a sociedade en que vivimos"

Merlo é unha pequena vila ao pé dunha cidade marítima. A esa localidade acaba de se mudar Emma Cruz, profesora de Dereito Penal. O que semellaba o lugar ideal para fuxir das pantasmas dunha ruptura amorosa axiña escurece: fanse 25 anos da desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud. A partir desta secuencia, Ledicia Costas (Vigo, 1979) desata Infamia (Xerais, 2019), un thriller por intres asfixiante sobre culpa, violencias, opresión estrutural, silencio, amor. Escrita cun estilo cruzado de razadas poéticas, a segunda novela de Costas para o lectorado adulto xa é éxito de vendas: a segunda edición tardou apenas dúas semanas. Eis un extracto da entrevista publicada no número 350 do semanario en papel Sermos Galiza.

[Imaxe: M.O.] Ledicia Costas
As eleccións a ollos de… Ledicia Costas

“Galiza ten que medrar e estar orgullosa de existir”

A escritora Ledicia Costas considera necesario que Galiza conte cunha voz propia “e pelexar polo noso”, para deixarmos de ser tratados como periferia e medrar así como unha nación orgullosa de existir e con orgullo tamén da súa lingua e cultura. 

ledicia costas búlgaro 2
CULTURA

Os libros de Ledicia Costas chegan ao búlgaro

Ledicia Costas é unha das autoras de maior proxección da literatura galega. As aventuras de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) conquistaron lectoras por toda a parte. O seu libro de 2016, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais), dá agora proba da súa potencia: acaba de publicarse en búlgaro.
 

Cántigas de traballo das mulleres do mar

PRESENTACION-FESTA-LITERARIA
FESTA LITERARIA

“Unha lingua de premio” pon en valor os galardóns que promoven o galego

A área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra organiza a próxima cuarta feira unha festa literaria na que porá en valor os premios de literatura, xornalismo e investigación que promoven o uso do galego.

[Imaxe: M.O.] Ledicia Costas
Tradución da exitosa novela de Ledicia Costas

'Escarlatina, a cociñeira defunta', fala coreano

O máis exitoso dos exitosos libros da escritora Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta (2014), fala coreano. A editorial Pink Whale acaba de publicar a historia de Escarlatina, a cociñeira do século XIX que, acompañada da araña Lady Horreur, elabora “gorentosas receitas” no inframundo. A tradución é de Jeongha Kim.