Laza

Madamas e Galáns de Cobres, en Vilaboa, esta terza feira. (Foto: Entroido de Cobres)
CULTURA

Os Enterros da Sardiña poñen fin ás festividades do Entroido galego

Vilas e cidades celebraron o día grande dos festexos
Xenerala en Oza (Teo), os fachós en Laza, o domingo Fareleiro en Xinzo, 
o fulión de Vilariño e os volantes no Entroido Ribeirao, Chantada.
CULTURA

O Entroido na Galiza comeza con folións e fariña: todo o que precisas saber para non perder as festas

O Entroido xa está presente nalgúns municipios galegos. Ao esforzo por manter viva a tradición en moitas aldeas do país por parte de colectivos e asociacións, sumouse nos últimos anos o interese do mundo da antropoloxía por difundir e estudar este ciclo festivo que, na Galiza, vai alén dos días principais sinalados no calendario. As primeiras comarcas en celebralo seguen a ser as de Viana, Verín e A Limia.
O alcalde de Laza, José Ramón Barreal, o pasado mes de xullo. (Foto: Xunta da Galiza)
VÍDEO NO INTERIOR

Acusan o alcalde de Laza de pagar con cartos públicos un xantar privado de 200 euros en Lalín

O mandatario do PP asistiu ese día a un acto do partido en Compostela e posteriormente con representantes doutras administracións, polo que alega que "foi un xantar de traballo".
O fundador de Espazo Común e candidato á Alcaldía do Carballiño, Pachi Vázquez. (Foto: EC)
POLÍTICA

O Espazo Común de Pachi Vázquez gaña peso de cara ao 28-M nutríndose de ex edís socialistas

Ricardo Sobrino, ex concelleiro e secretario xeral do PSOE de Laza, é o último en abandonar a formación socialista para engrosar as listas do partido fundado por Vázquez após outros casos sonados como os de Ames e Santa Comba.
Peliqueiros, onte, durante a celebración da segunda feira borralleira en Laza (comarca de Verín). (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

A Galiza alcanza o cumio das celebracións na terza feira de Entroido

A baixada da Morena e o Oso de Salcedo marcaron a xornada desta segunda feira.
Viana do Bolo. (Foto: Riobó Prada)
CULTURA

Cigarróns, peliqueiros, folións e comparsas protagonizan unha nova e festiva xornada do Entroido galego

Desde o 'triángulo máxico' a outras vilas e cidades, o ambiente festivo e alegre marcou o domingo.
Verín. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Do 'triángulo máxico' a Foz pasando por Cobres: cheo total no Entroido

Miles de galegas e galegos, e tamén persoas chegadas de todo o Estado español e outros países como Portugal, toman as rúas acompañando cigarróns, peliqueiros e outros protagonistas dunha das festividades por excelencia no país, que este ano recupera a 100% o formato prepandémico.
A serra do Courel foi unha das máis afectadas da Galiza, seguida da zona de Valdeorras, Boiro e Laza. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Os concellos declarados zona catastrófica polos fogos seguen á espera das axudas prometidas

Os incendios que arrasaron Galiza este verán deixaron máis de 43.000 hectáreas ardidas no conxunto do país en cuestión de mes e medio. Máis de 11.000 desas hectáreas queimadas corresponden só ao concello de Folgoso do Courel, seguido de Carballeda de Valdeorras (10.500 hectáreas), Boiro (2.200), Laza (2.100), Oímbra (2.100), o Irixo (680) e Verín, este último con 600 hectáreas afectadas polo lume. Nós Diario analiza a situación após o verán e que aconteceu coas axudas económicas prometidas. 
 
O incendio de Laza, visto desde unha das aldeas da contorna. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Extinguido o incendio de Laza, após arrasar 2.100 hectáreas nunha semana

Só permanece activo o incendio de Pantón, que está estabilizado pero non controlado.
O macroincendio de Laza e Chandrexa de Queixa é o único activo nestes momentos xunto ao do Irixo. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Seis incendios continúan sen extinguir e o de Laza alcanza as 2.100 hectáreas

Os medios de extinción traballan para extinguir os seis incendios que se atopan nestes momentos activos, estabilizados ou controlados. O único que permanece activo é o do municipio de Laza, que queimou xa unhas 2.100 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais.

O macroincendio de Laza e Chandrexa de Queixa é o único activo nestes momentos xunto ao do Irixo. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Controlados os incendios de Boiro e Valdeorras

Os fogos de Laza e Chandrexa de Queixa confluíron nun mesmo 'macroincendio' que segue activo e xa queimou 2.100 hectáreas, segundo as primeiras estimacións.
Un home fotografa o avance do incendio forestal de Laza. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Os incendios forestais que aínda seguen activos queimaron xa perto de 2.140 hectáreas

Seguen fóra de control os fogos do Irixo, Boborás, Chandrexa de Queixa e Laza, este último o de maior afección, cunhas 1.350 hectáreas arrasadas polas chamas.
Entroido Xinzo de Limia (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Domingo fareleiro inicia un Entroido de transición

Xinzo de Limia celebra esta xornada o inicio da súa festa por excelencia, suspendida no 2021 pola pandemia. Os municipios do “triángulo máxico”, que suman tamén a Laza e Verín, retoman con precaución os actos dunha tradición que non se quere perder.

Unha das andainas organizadas en Laza. (Foto: Adega Monterrei)
SOCIAL

Laza súmase “á resistencia contra a invasión” dos eólicos

Once colectivos na defensa do medio ambiente, desde distintos puntos de vista, chaman á mobilización da veciñanza das comarcas próximas a Laza para amosar a súa loita contra os proxectos de parques eólicos nos montes. A cita será o sábado 11 de decembro ás 16 horas na praza da Picota.

Mapa que amosa o epicentro dos sismos rexistrados durante os últimos sete días na contorna de Laza, a zona máis afectada do país (Infografía: Nós Diario).
star
Treme Galiza

Pablo Núñez: "Cumpría revisar as zonas sísmicas para asegurar que non teñen actividade superior ao que pensamos"

Máis de 80 sismos na última semana. 'Nós Diario' analiza da man do delegado do Colexio de Xeólogos na Galiza, Pablo Núñez, o enxame de terremotos que axexou o país estes días, un suceso que considera "completamente normal". Precisamente esta madrugada cúmprense 24 anos do maior sismo rexistrado até o momento, o de Triacastela —de magnitude 5,1—.
laza tremores terremoto
SOCIAL

Os terremotos con epicentro en Laza poderían continuar, advirte o Instituto Xeográfico

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) resta importancia á vaga de terremotos da última semana sentida na comarca de Verín, aínda que admiten que esta podería continuar durante os próximos días.

LAZA
SOCIAL

Un tremor de 3,9 con epicentro en Laza séntese no resto da Galiza

O de Laza é o maior sismo rexistrado na Galiza nos últimos 25 anos. Tamén entre a quinta e a sexta feira deixáronse sentir movementos de terra en Vilar de Barrio e en Soutomaior.
laza tremores terremoto
SOCIAL

A área de Laza rexistra outros 20 movementos sísmicos en menos de 24 horas

O máis importante de magnitude 3,2.
LAZA
SOCIAL

Galiza rexistra catro sismos de pequena magnitude nun intervalo de 18 horas

Galiza tremeu nos dous últimos días con até catro sismos. O de maior magnitude tivo lugar en Laza.
385 repor 2
star
Reportaxes

A importancia dos Entroidos

A importancia do Entroido como tradición enténdese hoxe en relación a moitos factores da sociedade contemporánea, como o turismo ou a superación dos machismos. Se o recoñecemento do interese cultural da festa é positivo, tamén pode ter consecuencias negativas cando as visitantes non comprenden o que están a observar. Cos riscos sobre a mesa, cómpre atopar esa xusta medida que permite gozar do Entroido, para moitas persoas o evento do ano, e compartilo coas olladas das máis curiosas.