Lalín

1-3-scaled
Axenda

Concerto de Meu en Lalín

Preestrea do videoclip Doutor Caníbal e concerto desta banda de rock galego e en galego
Manuel Quintana Martelo na homenaxe a Laxeiro en Lalín.(Foto: Ragba).
CULTURA

A liña do tempo artística e vivencial de Laxeiro protagonizan a súa homenaxe

Carballo-Calero realizou unha lección maxistral sobre o pintor en Lalín. O acto comezou cunhas palabras do presidente da institución, Manuel Quintana Martelo.
María Victoria Carballo-Calero na entrega do Premio Trasalba (Foto: Estevoaei).
CULTURA

Laxeiro contará cun acto solemne en Lalín para conmemorar o 'Día das Artes Galegas'

María Victoria Carballo-Calero Ramos dará a lección maxistral 'Beber nos soños dos séculos' esta sexta feira no Auditorio Municipal da capital do Deza ás 18 horas.
Vista da exposición sobre Laxeiro en Lalín (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O universo de Laxeiro en América pode visitarse até o 5 de xuño en Lalín

Inaugurouse esta cuarta feira a mostra conmemorativa en homenaxe ao pintor Museo Ramón María Aller da capital do Deza. A mostra consta de 30 pezas procedentes de coleccionistas privados e varias institucións
A crise inflacionista e os paros no transporte están afectando as explotación leiteiras, tendo incluso que tirar boa parte da produción (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Máis de 20 Concellos únense polo leite

A suba da inflación e o paro nos transportes están a provocar unha situación complicada para o sector lácteo galego. Máis de 20 Concellos veñen de enviar unha carta conxunta á ministra de Transportes, Raquel Sánchez, na que piden solucións para rematar coa crise na distribución e asegurar a cadea dos alimentos.
Imaxe de arquivo dun cocido galego. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O PP nomeará "comendadores" do cocido de Lalín 'El Puma', unha 'miss mundo' e o alcalde de Miami

Nun primeiro momento anunciárase que a cantante mexicana Paulina Rubio e o cantante portorriqueño Elmer Figueroa Arce 'Chayanne' tamén farían parte da nómina de comendadores. 
Ningunha persoa tivo que ser rescatada do vehículo (Foto: Lalín.net).
SOCIAL

Envorca un bus escolar en Lalín: dous menores e un profesor, trasladados ao centro de saúde

As súas feridas son leves. O condutor deu negativo nos controis de drogas e alcolemia e agora a Garda Civil investiga as causas do sinistro.
Obra de Diego Vites na exposición Complexo Colosso-Parte II (Nós Diario).
CULTURA

A exposición Complexo Colosso-Parte II incorpora máis presenza galega

A mostra de Guimarães é a continuidade da realizada o pasado verán.
Gañadoras e gañadores da anterior edición de 2019 en Lalín (FGC)
DEPORTES

Viveiro reunirá a 200 ciclistas no Campionato da Galiza BTT Maratón

A última proba de BTT Maratón realizárase en Lalín e tivo que suspenderse a seguinte pola situación de pandemia. A nota positiva deste ano foi, tamén, a recuperación da Copa Galiza.
Concentración de gandeiras e gandeiros en Lalín (Nós Diario).
Denuncian que 10.000 granxas quedaron sen axudas

O SLG demanda medidas para o sector vacún da carne

O Sindicato Labrego Galego (SLG) concentrouse diante da oficina da Xunta en Lalín para pedir solucións para o sector e pedir unha reunión con Medio Rural.
Laxeiro nunha imaxe de 1970. (Foto: Arquivo Fundación Laxeiro) #laxeiro #pintor #arte #cabodano
CULTURA

O Museo de Lugo e Lalín lembran o pintor Laxeiro

No 25º cabodano do seu pasamento
Vista aérea do Castro de Doade.  (Fotos: Alejandro Ramil Blanco e Vanesa Trevín Pita) #castro #castrodedoade #doade #deza #lalín #confíndosverdescastrosevalerosoclan
star
CULTURA

O Castro de Doade: Unha fortificación da Idade de Ferro no corazón do Deza

Coñecido pola veciñanza como Castro de Penedo ou Aurela do castro, está situado na parroquia de San Pedro de Doade, Concello de Lalín, nun lugar alto e preeminente. Atópase entre dous ríos: no seu lado norte e leste, existe unha ruptura de pendente cara ao río Asneiro que favorece a súa defensa. Do lado Oeste outra menos pronunciada cara a un afluente. Desde os seus 544 metros sobre o nivel do mar, domina a práctica totalidade de lugares da parroquia –Doade, Vilanova e Soutolongo– e parte da parroquia de Botos. É un espazo habitacional fortificado, que ocupa case unha hectárea, posibelmente dedicado á obtención de recursos. Puido ter estado habitado ao longo da Idade do Ferro e o período Romano.
A arqueóloga galega Vanesa Trevín Pita nun dos xacementos no que traballa (Sikait Project).
CULTURA

Vanesa Trevín: “O patrimonio debe ser visto como unha oportunidade, non como unha traba”

A arqueólogo Vanesa Tevín achéganos un estudo sobre o castro de Doade, en Lalín. Unha nova entrega do coleccionábel ‘Confín dos verdes castros e valeroso clan!’.

Pazo de Bendoiro
star
Andar e Ver

Da Ponte Taboada ao castro de Bendoiro

A Ruta dos Pazos, en lalín, permite gozar de xoias naturais, arquitectónicas e arqueolóxicas.
A arqueóloga galega Vanesa Trevín Pita nun dos xacementos no que traballa (Sikait Project).
CULTURA

Vanesa Trevín: "O pobo beduíno en Exipto é o galego do deserto, temos unha conexión moi especial"

Vanesa Trevín Pita traballa como arqueóloga profesional desde o ano 2012. Actualmente é a directora das escavacións arqueolóxicas do Castro de Doade, en Lalín, e representa xunto con outros compañeiros a iniciativa empresarial CADO Arqueoloxía desde 2019. A partir de 2016 entra no proxecto Sikait Project, que investiga as minas de esmeralda da zona do Mons Smaragdus, próxima ao porto de Berenike, en Exipto. Este sábado 29 de maio participará nun faladoiro en liña organizado pola Fundación Cidade da Cultura con motivo da exposición 'Faraón, Rei de Exipto'.
Presentación das alegacións no Rexistro Xeral do Concello de Lalín (Foto: Nós Diario).
Veciñanza da Terra de Montes organízase fronte a outros 16 proxectos

Alegan contra os dous parques eólicos proxectados en Lalín

Os proxectos eólicos que se prevé construír en Lalín, os de Porcallos e Val do Folgoso, estarían a obviar as afeccións sobre un espazo da Rede Natura 2000. Aliás, os aeroxeradores situaríanse "a apenas tres quilómetros do casco urbano do municipio".
Un parque eólico, nunha imaxe de arquivo (Europa Press).
SOCIAL

112 MW entre Lalín, Rodeiro e Dozón

As veciñas e veciños organízanse para frear o macroparque eólico.
Pancarta da concentración. (Foto: BNG)
SOCIAL

Concentración en Lalín para desconfinar a atención primaria

A mobilización de hoxe quixo "demostrar o descontento da poboación ante o desmantelamento da atención primaria".
Moitos dos vellos castiñeiros presentan os toros ocos. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Castiñeiros senlleiros de Ríos

O concello de Riós atópase nas terras surorientais da Galiza, linda con Portugal polo Sur e está conformado por varias serras, o que dá lugar a paisaxes amplas e espectaculares, entre as que corren, por vales moi encaixados, numerosos ríos, con poco caudal, pertencentes á rede fluvial do Mente, que logo vai xuntarse co Douro en terras portuguesas.
Fraga de Catasós. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Fraga de Catasós

Tempo de outono, tempo das árbores, tempo das masas forestais de folla caediza, e dos xardíns, que, diante da uniformidade permanente de piñeiros e eucaliptos, mudan para adaptarse aos cambios ambientais e debullan as follas dándolle á contorna na que se insiren un aspecto novo, no que cada día cambian a luz e as cores.