Juana de Vega

A aplicación de cubertas vexetais permitirá á viticultura afrontar o cambio climático (Foto: Fundación Juana de Vega).
star
ECONOMÍA

Que solucións achega a natureza para combater o cambio climático nos viñedos?

A Fundación Juana de Vega e a UVigo coincidiron estes días en presentar proxectos para mellorar a situación do sector vitivinícola. No primeiro caso inician unha investigación para xestionar a súa paisaxe e, no segundo, os resultados dun estudo sobre o tratamento dos restos de viñedos.
Juana de Vega en 'La Ilustración de Madrid', cara a 1871.
star
Reportaxes

O legado político de Juana de Vega

Nin dóciles, nin submisas, senón mulleres conscientes das súas responsabilidades cos máis desfavorecidos e sen medo a enfrontarse coas autoridades masculinas para conseguir os seus propósitos. Así describe o historiador Xosé Ramón Veiga as damas da Asociación de Señoras de Beneficencia da Coruña, da que Juana de Vega foi presidenta. Este autor vén de publicar unha biografía da condesa de Espoz y Mina na que subliña o seu compromiso político, como asesora do liberalismo progresista e como filántropa, como unha mostra de como mulleres do seu tempo lograron desbordar, de facto, os mandados patriarcais. 
Veiga Alonso
MEMORIA E HISTORIA

Xosé Ramón Veiga: “Juana de Vega foi unha muller máis de acción que de reflexión”

Xosé Ramón Veiga Alonso (Foz, 1968) é profesor de Historia na Universidade de Compostela, membro do grupo Histagra e autor dunha ampla bibliografía arredor do século XIX galego. Actualmente comisaría unha exposición sobre Juana de Vega na Coruña e vén de publicar unha biografía sobre esta figura da historia galega.