Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O terceiro Congreso Nacional de Compromiso por Galicia (CxG) celebrouse este sábado en Compostela e acordou a continuidade de Juan Carlos Piñeiro como secretario nacional nun consello composto por corenta persoas. CxG, igual que En Marea, tamén piden unha candidatura "unitaria" cara ao 10N "das forzas con centro de decisión na Galiza".
“O galeguismo que flúe” foi o lema elixido por Compromiso por Galicia para celebrar o Día da Patria Galega cunha ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres e cun xantar e mais un acto político en que se reivindicou a “unidade de acción”.
Nado en San Cibrao (Cervo) en 1977, Juan Carlos Piñeiro Docampo é o candidato de Compromiso por Galicia (CxG) ao Parlamento Europeo. Sindicalista da UXT e asesor laboral, foi elixido secretario xeral da formación galeguista en 2017. Responde este cuestionario a través do correo electrónico.
O portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban, viaxou até Ourense para dar soporte ás candidaturas de Compromiso por Galicia ás eleccións municipais e europeas do 26M. A formación galeguista e máis a jetzale concorren coaligadas aos comicios europeos.
O candidato ás eleccións europeas de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, anunciou nunha visita a Expomar a celebración no noso país dunha conferencia europea “ao máximo nivel” para tratar os temas cruciais da pesca galega.
A formación galeguista continúa a despregar a súa axenda de relacións exteriores. Deplora o que cualifica de ausencia de "voz propia" galega en Madrid e reforza a súa alianza co PNV.
Leva 6 meses ao fronte da secretaría xeral de Compromiso por Galiza e fai un balanzo positivo deste tempo. Galeguista firme e socialdemócrata centrado, Juan Carlos Piñeiro vende futuro ao falar de Compromiso. O galeguismo é a vía para seducir a sociedade porque, enfatiza, é un conceito máis amplo que o nacionalismo. E, porén, tampouco renuncia, ao final do camiño, a un Estado galego propio. Deixamos un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 258.
A grande novidade no acto que CxG realizará o DPG2017 é a presenza no seu xantar confraternización-mitin dun deputado do gobernante Partido Socialista portugués.
A formación galeguista vén de renovar a súa dirección durante un congreso celebrado este sábado en Teo. O Consello Nacional estará formado 30 persoas e será paritario.