DEPORTES
Jozi de Oliveira, porteira do Burela: "Estou animada e ilusionada para continuar xogando"
12/maio/22
A veterana gardameta do Pescados Rubén, Jozi de Oliveira (Chapecó, Brasil, 1982), continúa a ser un dos piares do mellor equipo de fútbol sala do mundo, como vén de demostrar na recente fase final da Copa da Raíña, onde tornou en heroína laranxa nunha especialidade que non é a súa: os lanzamentos de penalti.