SOCIAL
En que punto está a poxa por 'El Correo Gallego'? Jose Ramón García toma a dianteira
14/out./22
O empresario mellorou a súa oferta inicial.
José Ramón García, fundador da extinta compañía tecnolóxica Blusens e presidente da empresa de iluminación Moonoff, que interveu na loxística para transportar máscaras da China ao Estado español cando se declarou a pandemia da Covid-19, é un dos interesados en facerse con El Correo Gallego após declararse a Editorial Compostela en concurso voluntario de acredores.