José Manuel Villarejo

José Manuel Villarejo na súa comparecencia no Congreso dos Deputados. (Foto: Europa Press) #villarejo #congreso #bárcenas #pp #raxoi
O comisario recoñece a guerra sucia dos aparatos do Estado contra o nacionalismo vasco

Villarejo actuou contra Bárcenas por orde de Raxoi

As declaracións do comisario José Manuel Villarejo na Audiencia Nacional e no Congreso dos Deputados están achegando novos datos sobre o funcionamento do Estado profundo nestes últimos 40 anos. As actividades ilícitas de Juan Carlos I, a guerra sucia contra a ETA ou a implicación de Raxoi no “caso Kitchen” son algúns deles.

José Manuel Villarejo (Foto: Cézaro De Luca / Europa Press).
INTERNACIONAL

Apoloxía dos GAL no Congreso

O ex comisario da policía española, José M. Villarejo, lamenta na súa comparecencia na Cámara non ter participado nas operacións que fixeron desaparecer os militantes vascos ‘Pertur’ e a ‘Naparra’.

O rei emérito, Juan carlos I, en febreiro de 2020 (Foto: José Oliva / Europa Press).
INTERNACIONAL

"A libido" de Juan Carlos de Borbón, "un tema de Estado"

O ex comisario José Manuel Villarejo garante, na súa comparecencia do Congreso, que o feito de que o ex monarca fora "tan ardente" chegou a considerarse "un tema de Estado" nalgúns sectores. Sempre segundo a súa testemuña, mesmo se procuraron "hormonas femininas" para reducir ese grao de paixón.

José Manuel Villarejo (Foto: Cézaro De Luca / Europa Press).
INTERNACIONAL

Villarejo enfróntase a máis de cen anos de cárcere no xuízo da macrocausa 'Tándem'

O agora comisario xubilado José Manuel Villarejo volverá sentar no banco dos acusados na vindeira cuarta feira mais nesta ocasión para someterse ao primeiro xuízo da macrocausa 'Tándem', ao redor dos seus negocios privados. O comisario pretende exercer como o seu propio avogado defensor durante a vista oral

Ignacio Sánchez Galán é o presidente executivo da empresa do sector enerxético Iberdrola. (Foto: María José López / Europa Press) #iberdrola #acusación #ignaciosánchezgalán #villarejo #suborno #falsedadedocumental
INTERNACIONAL

Imputan Sánchez Galán polos encargos de Iberdrola ao ex comisario Villarejo

Acúsano de suborno activo e falsidade en documento mercantil.
jorge fernández Díaz
INTERNACIONAL

O xuíz ve claros os indicios que incriminan o ex ministro Fernández Díaz na Kitchen

O maxistrado da Audiencia Nacional rexeitou o recurso do ex ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz (PP), que estre presentara para non acudir como investigado na causa pola espionaxe a Luis Bárcenas. Pola contra, o falso cura que secuestrou o ex tesoureiro do PP e a súa familia baixo supostamente as ordes de Villarejo para recuperar material do partido e así protexer as siglas populares non delcarou por non atoparse "en facultades"
O ex comisario José Manuel Villarejo.
INTERNACIONAL

Villarejo recoñece nun audio apuñalar a doutora Pinto

O comisario xubilado e que permanece en prisión pola macrocausa 'Tándem', José Manuel Villarejo, sinalou nun dos audios requisados no rexistro do seu domicilio que el mesmo apuñalou a dermatóloga Elisa Pinto.

EuropaPress_3348177_presidente_gobierno_pedro_sanchez_interviene_nueva_sesion_control_gobierno-1
INTERNACIONAL

Iglesias acusa o PP de querer "reescribir" o caso Villarejo

O vicepresidente segundo do Goberno do Estado español está convencido de que as acusacións non sairán adiante. No entanto, o PP xa anunciou que preguntará pola súa destitución na sesión de control ao Executivo prevista para a semana próxima. De momento, Sánchez confirmou que Iglesias ten a súa "confianza".
Rajoy e Feijóo no Castelo de Soutomaior - PP de Galicia
INTERNACIONAL

Un ex policía imputado no caso Kitchen revela que Villarejo informaba a Raxoi das súas operacións

O diálogo fíxose principalmente a través de Mauricio Casals, director de La Razón

A anterior secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, co ex ministro Jorge Fernández Díaz.  (1)
INTERNACIONAL

O xuíz imputa o ex ministro Fernández Díaz na 'Kitchen'

O ex ministro de Interior con Mariano Raxoi, Jorge Fernández Díaz, declarará como imputado na Audiencia Nacional no caso 'Kitchen', no que se investiga o desvío de fondos públicos para espiar Luis Bárcenas para roubarlle documentos, obstruír a xustiza e protexer as siglas do partido. 
O rei emérito Juan Carlos I de Borbón tería regalado á ex princesa Corinna zu Sayn-Wittgenstein 65 millóns de dólares.
INTERNACIONAL

Suíza rastrexa un posíbel 'obsequio' de 100 millóns de dólares ao rei emérito español

A Fiscalía helvética investiga se Juan Carlos I cobrou comisións de 10.000 millóns de dólares.
O ex comisario Villarejo (Imaxe; La Sexta)
SOCIAL

As cloacas policiais presentes na Galiza

Non é un caso illado. Exemplifica o funcionamento do aparato do Estado á marxe de calquera tipo de control político e a súa conivencia co poder económico. Significa a falla de calidade democrática dun réxime que non depurou os corpos de seguridade após a morte do ditador. Como afirmaba Felipe González, o Estado deféndese tamén desde as cloacas.
O ex comisario Villarejo (Imaxe; La Sexta)
SOCIAL

Un directivo de San José, imputado por suposta espionaxe a xornalistas de La Voz de Galicia

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García-Castellán vén de imputar o responsábel de riscos laborais da construtora galega San José, Antonio Carpintero, ao que a Fiscalía Anticorrupción atribúe un delito de suborno pasivo.

O auto revela que o BBBVA contratou o ex comisario Villarejo.
INTERNACIONAL

O BBVA pagou 500.000 euros anuais a Villarejo para espiar

Segundo o auto da Audiencia Nacional o BBVA e o ex comisario Villarejo tiñan un trato económico co obxectivo de destruír a reputación de Luis Pineda, quen ao seu tempo tamén está a ser xulgado por un caso de extorsión a entidades bancarias.
O ex comisario Villarejo (Imaxe; La Sexta)
INTERNACIONAL

O xuízo dos 'sumidoiros' do Estado español salpica Mariano Raxoi

Segundo o testemuño dado no día de onte na Audiencia Nacional polo ex alto mando policial Eugenio Pino, o anterior presidente do Goberno español, Mariano Raxoi, pediu ao seu ministro de Interior, Jorge Fenández Díaz, que intercedese polo comisario José Manuel Villarejo, acusado de suborno, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal. O emprego polos mandos do Estado de Villarejo e doutros funcionarios policiais para espionaxe de rivais políticos salpica a Mariano Raxoi. 
VILLAREJO
SOCIAL

Villarejo recadou información de Feixoo para o BBVA

No marco das investigacións do ex comisario para o BBVA sobre presuntos vínculos políticos de Ausbanc.

 

VILLAREJO
Nunha conversa gravada en maio de 2005

O “clan Villarejo” tamén se interesou por Inditex

 As gravacións do comisario xubilado da Policía José Manuel Villarejo batuxan tamén o imperio galego Inditex. Veñen de coñecerse os audios dunha conversa entre el e un dos seus colaboradores na que se fala de se había “trapos suxos” que utilizar contra Pablo Isla, recentemente nomeado, en 2005, conselleiro delegado da multinacional. Ao parecer, “alguén de Zara” se interesara por esta posibilidade. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 325 de Sermos Galiza.

A corrupción da monarquía

As gravacións de Corinna, baixo a lupa da Audiencia Nacional

O xuíz da operación Tándem, Diego de Egea, cita a declarar o ex comisario Villarejo pola conversa que mantivo coa aristócrata e que podería implicar o rei emérito Juan Carlos I por un asunto de corrupción.

villarejo
POLÍTICA

O eurodeputado de Podemos Jiménez Villarejo oponse ao referendo de Catalunya

Primeiras disintonías en Podemos.