Jesús Fernández Martínez

Autorretrato
de Jesito, pastel sobre papel, 1930, Museo de Belas Artes da Coruña.
star
Deseño

Cartel achado na vila

Jesito foi un pintor de boa factura pero moi academicista, mesmo así, en 1935 asume a linguaxe do xénero dos carteis e léganos unha peza na que pon cores planas; xustapón planos imposíbeis, encara a fachada da igrexa en contrapicado e mostra a parafernalia barroca que se desenvolve nas alturas do templo.