Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A iniciativa do Labour Party limitábase a unha censura formal, sen consecuencias políticas seguras, á primeira ministra. Nos usos do Parlamento británico hai dúas mocións de non confianza (censura) posíbeis. Unha contra a prime minister, que a nada obriga, nen sequer a súa celebración. Outra contra o conxunto do "goberno da súa maxestade", que si se ten que verificar na cámara e que pode abocar o país a eleccións antecipadas. Ao apostar Corbyn timidamente pola primera vía, o SNP —con 35 asentos en Westminster— tomou a iniciativa e lidera unha moción de censura a todo o executivo.
A terza feira, o Parlamento británico submeterá a votación o acordo alcanzado por Downing Street con Bruxelas sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea, axendada para marzo de 2019. A primeira ministra, a conservadora Theresa May, podería sufrir unha derrota histórica. Un nutrido grupo do Conservative Party pon a proa ao pacto de Londres coa Comisión Europea.
Londres e Bruxelas comezan esta segunda feira a conversar para materializar o “Brexit”. David Davis e Michel Barnier -xefes da equipa británica e da Unión Europea, respectivamente- presentábanse diante das cámaras ás nove e cuarto da mañá para dar así comezo á primeira semana de negociacións.
No Reino Unido, case todos os temas importantes para o país decídense nun pub cunha boa pinta entre as mans e o seu característico cheiro a alcol rancio e moqueta poeirenta. Si, non semella o mellor plan do mundo para debater pero os brits saben que non hai problema que se resista após unhas cantas ale. A sabiduría local, sempre garantida nun pub, é o mellor medidor da actualidade do país.
Segundo os inquéritos, os tories conseguirían unha fácil vitoria fronte a un Partido Laborista que está moi lonxe de estar cohesionado arredor da lideranza de Jeremy Corbyn.
Pasa por ser o científico vivo máis brillante, na procura do Santo Grial da física moderna, a teoría cuántica da relatividade. Mais é tamén coñecido por ser unha persoa comprometida coa esquerda, desde os anos 60. Di simpatizar coas ideas de Corbyn, mais ao tempo pídelle que dea paso a outra persoa porque con el na lideranza o Labour Party non gañará as próximas eleccións xerais.
Desafiado polo groso do seu grupo parlamentar, o veterano líder socialdemócrata retén o apoio decisivo das trade unions, o poder sindical dentro do Partido Laborista.