Javier Castrillo

Concentración en apoio ao xefe de Xinecoloxía de Verín en novembro de 2020. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

O Sergas propón sancionar por "falta grave" o xinecólogo de Verín

A instrutora do expediente disciplinario aberto a Javier Castrillo, xefe de servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín e cabeza visíbel da loita social contra o feche do paridoiro comarcal, propón unha sanción de dous días de suspensión das súas funcións por "falta grave".
Concentración na defensa do xefe de Xinecoloxía de Verín. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Castrillo defende que non hai motivo para que lle atribúan “unha falta grave”

O xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín acudiu esta sexta feira a declarar ante a Inspección de Traballo

Javier Castrillo comparece ante os medios durante a manifestación de apoio que recibiu a pasada segunda feira en Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Javier Castrillo: "Hai unha motivación clara contra min"

O xefe de Xinecoloxía de Verín admite un escrito dirixido na súa contra e asegura que "polo que pasou aquí" hai agora un ano "á pediatra non se lle pasaría pola imaxinación poñer unha denuncia en Inspección". 
Concentración en apoio a Javier Castrillo diante do Hospital Público de Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Verín, pola dignidade profesional e da sanidade pública

O 30 de novembro de 2019 a bisbarra de Verín saíu á rúa en masa para defender o futuro da sanidade pública comarcal. Esa convocatoria, anterior ao anuncio por parte do Sergas do feche do paritorio e das urxencias pediátricas do hospital local, converteuse na primeira gran manifestación pola continuidade de ambos os dous servizos. Un ano despois, a veciñanza volveuse xuntar por unha sanidade digna, de calidade e libre de represalias. Desta forma, a comarca ofreceu o seu apoio unánime ao xefe de Xinecoloxía expedientado por Sanidade. 
Verín foto PSdeG
SOCIAL

“Castrillo non se toca”: Verín mobilízase contra o expediente ao xefe de Xinecoloxía do Hospital

Na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei. Javier Castrillo atribúe o expediente contra el a unha "revancha" por ser a cara visíbel do movemento contra o feche do salón de partos. 

 

Imaxe do pleno telemático de hoxe en Ourense. (Foto: Deputación de Ourense)
POLÍTICA

A Deputación de Ourense exixe á Xunta que retire o expediente ao xinecólogo de Verín

Durante o pleno celebrado esta sexta feira saíron á palestra as leas entre o PP e o resto de partidos pola presencia de Miguel Caride, destituído como vicepresidente segundo pero aínda cun asento na institución. O ex de Democracia Ourensá votou a favor dunha moción dos socialistas polo que Baltar preguntou se ían aceptar "o seu voto" após criticalo "pola súa condición política".

 


 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Feixoo nega que estea a “perseguir” ao xefe de Xinecoloxía do hospital de Verín

Sanidade abriu un expediente disciplinario ao médico, que participou activamente nas protestas para que o Goberno galego non fechase o paridoiro do centro hospitalario.

Falta de pericia

javier castrillo verín foto de oscar pinal expediente
Xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín

Javier Castrillo: "Se hai un superior que me quere afundir, non teño defensa"

Un ano despois de que a Xunta da Galiza, a través do Servizo Galego de Saúde, anunciase o feche do paritorio de Verín e mobilización social lograse a súa reapertura tras dous meses de clausura, Sanidade incoa un expediente disciplinario ao xefe de Xinecoloxía do hospital comarcal, defensor dun servizo de proximidade.
Concentración fronte ao Parlamento polo mantemento do servizo en Verín. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Ultiman protestas en defensa do xinecólogo de Verín ao que se expedientou

Distintos grupos cidadáns e políticos consideran que a Xunta está a perseguir ao médico por ter defendido o mantemento do paridoiro da vila cando se anunciou o seu fechamento.

javiercastrillo
Posicionouse claramente contra o feche do paritorio

Expedientan o xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín

O Sergas notífícalle ao doutor Javier Castrillo a apertura dun expediente disciplinario en relación ao sucedido hai case un ano no paritorio de Verín. A decisión, con "tintes de vinganza", xustifícase en que o xinecólogo contraiu no seu momento a decisión doutra profesional.