"De forma urxente, a comunidade internacional debe garantir a protección do pobo palestino perante a campaña israelí de desposesión e desprazamento, colonización e anexión, limpeza étnica e persecución", puntualizou o Ministerio de Exteriores palestino.
O principal medio de comunicación árabe, Al Jazeera, presenta unha investigación á Xustiza internacional para que leve a xuízo o Exército de Israel polo asasinato en maio de Abu Akleh, unha das figuras xornalísticas máis relevantes na zona e unha referencia para as mulleres nos medios árabes.
A loita palestina contra a colonización de Israel recibiu onte un novo pulo por parte da ONU, que insta Tel Aviv a acabar co apartheid e coa represión aos palestinos.
O Ministerio de Sanidade palestino sinalou que os falecidos sonMuhamad Aiman al Saadi e Neim Gamal Zubaidi, quen "caeron mártires" por disparos efectuados por soldados da "ocupación israelí".
Esta terza feira decorren as eleccións parlamentarias en Israel, as quintas en catro anos, con opcións de que sexa preciso convocar novos comicios polo empate técnico entre os bloques maioritarios.
Seis palestinos asasinados a pasada madrugada en operacións das Forzas Armadas de Israel, cuxa actuación en Gaza tería que xulgar a Xustiza internacional, demanda Amnistía Internacional.
14 entidades asinan en Alxeria un documento con nove obxectivos para lograr a "unidade" dentro do movemento palestino e facer fronte "á violencia de Israel". Buscan tamén a convocatoria de eleccións no prazo dun ano e a formación dun Goberno que poña fin ás leas internas.
Un informe da entidade define Tel Aviv como Estado segregado por relixión, e reclama que a comunidade internacional tome medidas para evitar que a poboación palestina continúe a sufrir este crime de lesa humanidade.