Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A Sala Alterarte do Campus de Ourense da Uvigo acolle até o 7 de abril a exposición 'Ser son', unha instalación sonora de Monica Mura que parte da investigación sobre a presenza da muller nas 18 máscaras do Entroido galego que levan incorporado elementos sonoros. En conversa con Nós Diario, descubre algunhas das características que atopou partindo da experiencia previa no seu pobo natal: Sardeña.
A xuíza vai decidir se a intervención deriva na toma do control das antigas factorías de Alcoa na Coruña e Avilés. As e os traballadores demandan ese paso adiante mentres a empresa rexeita esa posíbel solución baseada en “meras sospeitas”.
A dirección da empresa afirma estar disposta “a colaborar coa Xustiza”, se ben descarta unha mala práctica. No entanto, para a Audiencia Nacional si existen indicios dun proceso de “descapitalización” desde que as factorías da Coruña e Avilés estaban en mans de Alcoa até agora, que son propiedade do Grupo Riesgo. Neste contexto, o comité considera que é necesario que a xestión pase á SEPI.
O conselleiro de Economía di agora que a Xunta está aberta a unha intervención temporal de Alu Ibérica por parte da SEPI para facilitar a entrada dun investidor.