Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega emitiu na mañá do sábado un comunicado en que se solidariza coa Associació d'Escriptors en Llengua Catalana dada a “vixilancia especial” que padecen institucións literarias catalás nos días previos ao referendo.
Do 17 ao 19 de novembro deste ano celebrarase o simposio 'Repensando Galiza: as Irmandades da Fala, 1916-1931', organizado polo Museo do Pobo, a Universidade da Coruña, a revista Murguía e varias fundacións.
O movemento feminista concentrouse ás portas da Consellaría de Benestar para exixir responsabilidades á Xunta polo asasinato de Isabel Fuentes e o desenvolvemento dun Plan de actuación integral contra a violencia machista.
Candidata á alcaldía de Moaña, Leticia Santos, defende unha proposta para "transformar" a localidade salientando que "o nacionalismo" é "a única vía". "Non somos a marca branca de ninguén e imos a cara descuberta", enfatiza.
Manifestacións e concentracións nas sete cidades do país reivindicaron emprego e salarios dignos contra o empobrecemento. Na central da CIG en Ferrol, o Secretario Xeral, Xesús Seixo reclamou presenza do nacionalismo de esquerdas nas rúas e institucións contra a “propaganda intoxicante” dun PP que, dixo, mente coa saída da crise.
“A ditadura franquista: 40 anos de represión é resistencia” é o título do proxecto da Deputación de Lugo encamiñado a recuperar a memoria tras décadas de silencio e que inclúe a exposición que esta quinta feira se inaugura. O responsábel da área de Cultura, o nacionalista Mario Outeiro, considera que responde a unha obriga que tiña que ser partillada por todas as institucións.
Acusa o BNG e as demais forzas da oposición de marcaren "o guión" do discurso político e de procuraren "gañar" as eleccións "através do desgaste" do Partido Popular.
O fiscal estuda a instancias da Delegación do Goberno español se hai indicios de delito no Concello de Donosti e Deputación de Gipuzkoa por non ''respectar'' o dó oficial.
Xavier Vence denunciou que o sumario da Operación Pokemon reflicte "unha radiografía das cloacas do poder político" e instou a cidadanía a "rebelarse" para "recuperar a democracia" das institucións.
O voceiro nacional da formación frontista, Xavier Vence, e o deputado Francisco Jorquera analizaron as consecuencias de recortar escanos no Parlamento. Foi en senllas entrevistas concedidas á Radio Galega e á Cadena Ser.
O portavoz nacional da organización frontista advertiu que a súa formación estudará medidas que "dificulten o negocio" de se vender a entidade financeira galega. Aliás, fixo pública a folla de rota que o BNG propón ao goberno da Xunta e demais forzas políticas para evitar a inminente venda de NGB a unha entidade ou fondo estranxeiro.
A organización frontista reuniu @s representantes en Galiza, Madrid e Bruxelas para "analizar a situación política", "facer balanzo do traballo" desenvolvido e delimitar "cales deben ser as liñas de traballo no vindeiro período de sesións" no que din combaterán "a estratexia recentralizadora da dereita" e defenderán "os intereses populares fronte a degradación" da democracia e das institucións
Até 100 traballador@s poderán ser chamados por cada concello madrileño sen lle facer un contrato nin cotizar por el@s á seguridade social. Porén, a persoa non se poderá negar se quere manter a prestación que cobra
Nunha xuntanza coa Mesa, Carlos Callón reclamou que se respecte o recoñecemento estatutario desta lingua e se empregue tanto nos formularios coma na sinalización e nas campañas publicitarias