O Consello de Ministras e Ministros aproba esta terza feira destinar ao réxime de vivenda protexida en aluguer unha parte dos inmóbeis da Sareb listos para habitar e baleiros desde hai anos. 1.830 destes inmóbeis están emprazados na Galiza, a autonomía do Estado español coa maior porcentaxe de vivendas desocupadas, até sumar 330.000 inmóbeis baleiros
Un informe de Fegein sinala que tres de cada dez vivendas ofertadas en réxime de alugueiro levan máis dun ano sen alugar pola mala conservación ou por ter un prezo superior a 1.000 euros mensuais.
Un estudo da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) certifica o aumento da venda de pazos na Galiza. Dificultades no seu mantemento e atrancos burocráticos na rehabilitación son, para esta entidade, a causa de que medren as transaccións e empeore a situación dos inmóbeis.
O sector inmobiliario fechou o ano 2021 confirmando a tendencia iniciada en 2020 coa pandemia de buscar vivendas de segunda man. A situación económica e sanitaria notouse nas preferencias das persoas que se achegaban ás axencias e certificou, tamén, as dificultades que ten unha parte da poboación, a mocidade, para acceder a unha vivenda propia.
O acceso á vivenda converteuse nun problema chave para miles de galegos. A suba continuada do prezo dos inmóbeis en alugueiro ou propiedade, por riba da media do Estado, e a ausencia de políticas públicas dirixidas a intervir o mercado inmobiliario acentúan o problema. Mentres, 330.000 vivendas permanecen baleiras na Galiza.
O salto á fama do lugar de Candelago, na Costa da Morte, vén de lembrar a posíbeis investidoras -particulares ou grandes empresas- a existencia de numerosas localidades en venda na Galiza. As aldeas que se ofertan superan con diferencia os doutros territorios e vendelos suporía loitar contra o despoboamento.
A pesar de que a pandemia da Covid-19 provocou o incremento do interese das e dos galegos por ter propiedades con espazos de lecer como as terrazas e os xardíns, a reactivación do mercado inmobiliario non chegou a todas as zonas por igual. Ao rural saíronlle simpatizantes, pero sobre todo naquelas zonas próximas ás grandes urbes para contar con todos os servizos. De feito, na Galiza hai municipios nos que non se vende ningunha vivenda desde hai tempo.
Malia que o sector inmobiliario incide en que é o mercado do alugueiro o que máis crece nestes momentos no país, as transaccións de propiedades tamén pasan por un bo momento atendendo ás estatísticas oficiais. Só unha das sete grandes cidades galegas experimentou unha baixada con respecto ás cifras do ano pasado.