informe

Estrea galega de 'Lúa Vermella',
de Lois Patiño, durante o Curtocircuíto,
no Teatro Principal de Compostela. (Foto: Curtocircuito)
star
Informe de Proxecta

As creacións galegas superan 75% do programa en máis 40% dos festivais audiovisuais

Os contidos de orixe galega teñen unha elevada presenza nos festivais de cinema do país. É unha das conclusións que coloca sobre a mesa o informe que vén de facer público Proxecta, a coordinadora destas mostras, no que tamén se tratan aspectos como a menor poncertaxe de mulleres quer na organización quer como empregadas ou o limitado orzamento privado dos certames. 
Nos tres últimos anos publicaron obras de case oito de cada dez autoras e autores. (Foto: Arxina)
star
Camiño do libro branco

A escrita galega en datos: prolífica mais sen profesionalizar

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, como paso previo ao seu libro branco, presentou onte un informe que detalla cuantitativamente a realidade das autoras e autores. Malia a calidade da produción e a súa abundancia, coa forza do colectivo como un dos alicerces fundamentais de resistencia, o sector acusa unha ausencia de profesionalización que se manifesta en múltiplos aspectos e que contrasta con perfís de longa traxectoria. A masculinización do eido apunta a matizarse co incremento de creadoras na última década, maioritarias nas capas de menor idade.
[Imaxe: B.B.] Lectura, ler, literatura, libro
CULTURA

A pandemia incrementa levemente o hábito de lectura

Un informe do Observatorio da Cultura Galega debulla o impacto da Covid-19 nos consumos culturais. Mentres a lectura medra lixeiramente, as actividades presenciais acusan un descenso brutal.
udc cig alcoa roda de prensa
ECONOMÍA

“A nacionalización é a vía legal, posíbel e viábel para salvagardar a actividade e os empregos en Alcoa”

Un informe xurídico solicitado pola CIG á Universidade da Coruña avala a intervención pública das factorías.

alcoa cig aymerich
ECONOMÍA

Un informe da Universidade da Coruña avala a legalidade e a viabilidade da adquisición pública das fábricas de Alcoa

O estudo, encargado pola CIG, vai ser trasladado ao Ministerio de Industria e á Xunta. a adquisición das plantas sería conforme ao ordenamento constitucional e legal español e axustado ao dereito comunitario.

Escola, pizarra
Ensino

O informe PISA reflicte unha mellora en matemáticas e lectura

O último informe PISA, dado a coñecer esta terza feira, pon de manifesto que alumnado galego de 15 anos mellora cinco puntos en matemáticas a respeito do informe anterior, de 2012; sobe 10 puntos en lectura e mantense en ciencias.

traballo factoría obreiro CC BY-3.0-ES 2012EJ-GVIrekia-Gobierno VascoMikel Arrazola
ECONOMÍA

Lugo perdeu 20.400 empregos desde 2010, un terzo deles entre menores de 35 anos

A CIG presentou un informe sobre a situación socioeconómica da provincia, caracterizada pola perda de poboación activa, destrución do tecido produtivo e o incremento das persoas en risco de exclusión.

FALAMOS CON ANA MIRANDA

O BNG espera que o informe da Comisión Europea sobre o accidente do Alvia mude o rumbo do xuízo

Ana Miranda salienta que nos próximos días a Comisión Europea fará público o informe que redactou a raíz da visita da Plataforma de Vítimas do Alvia ao Parlamento Europeo en novembro de 2015, unha visita tivo lugar a instancias do BNG. En declaracións a Sermos Galiza, Miranda di que espera que se deriven "responsabilidades políticas".

Manifestación contra o sexismo en Colonia
INTERNACIONAL

Un informe policial recoñece a desprotección das mulleres agredidas en Colonia

Asegura, segundo recolle a imprensa local, que os axentes "non foron quen de controlar todos os feitos e agresións sinxelamente porque aconteceron demasiadas cousas ao mesmo tempo". 

Cee Pleno
PP, PSOE E CS VOTARON EN CONTRA

O Concello de Cee volverá presentar o regulamento do galego cun informe xurídico

Os votos a favor de IxC, grupo de goberno, e do BNG non foron suficientes para aprobar en Cee o regulamento de impulso social ao galego, que terá que volver levar a pleno acompañado dun informe xurídico.

[Imaxe: Xabier Lago Mestre] Pintada no Bierzo
Denuncia do BNG no Congreso

Un novo informe alerta da desprotección do galego nas zonas limítrofes con Asturias e León

A deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez vén de facerse eco dun novo informe que alerta da mala situación que atravesa a lingua

CIG
POLÍTICA

A CIG levará á Fiscalía a "manipulación" do informe do Consello de Contas por parte da Xunta

A central sindical nacionalista acusa o goberno galego de querer trasladar á opinión pública a imaxe dunha utilización fraudulenta dos fondos de formación por parte de organizacións como a CIG. 

OPINIÓN

Frear a ‘’barbaridade’’ de construír vivendas nos Xardíns de Mondariz Balneario

A plataforma SOS Xardíns-Mondariz Balneario procura que a Xunta rexeite xa de inicio a pretensión de erguer edificios nese espazo do recinto orixinal do Gran Hotel.

Euskal Herria

O Goberno vasco analizará até 400 casos de tortura para emitir un informe oficial

Un estudo sobre as experiencias e consecuencias desta práctica, principalmente polas forzas de seguridade española, chegará en dous anos ao Parlamento e a UE.

Real Academia Galega
LINGUA

A Academia reacciona ao informe da Mesa e urxe á Xunta a atender a situación do galego no ensino

Dous días despois de que a Mesa presentara os alarmantes datos de uso do galego en educación infantil, a Academia urxe á Xunta a avaliar a situación do galego no ensino. 

INTERNACIONAL

A policía atribúe agora os incidentes do 22-M a grupos anarquistas e desbota a participación de Resistencia Galega

Informes policiais aos que tivo acceso Europa Press colocan agora a responsabilidade dos incidentes ocorridos após a manifestación do 22-M en Madrid en organizacións de ideoloxía anarquista.

jorquera_feijoo
POLÍTICA

Jorquera ve no informe dos "sabios" un "atraco fiscal" e Feijóo opta por distanciarse del

Debate sobre política fiscal no Parlamento. O portavoz do BNG interpelou ao presidente da Xunta sobre que pensaba o seu goberno a respeito do informe elaborado polo Comité de Sabios, unha análise que o Executivo Rajoy vai ter en conta á hora de lanzar a súa nova reforma fiscal. Feijóo estivo evasivo. Presionado por Jorquera, chegou a dicer: "E a min que me importa o informe da Comisión de Expertos?".

.
TRABALLO

A Xunta pasa a mans privadas os informes da sociedade da información

Os informes que miden o estado da sociedade da información xa non serán feitos desde a administración pública. A Xunta saca un concurso de máis de 100.000 euros que afonda na privatización do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (OSIMGA). 

Consello Reitor do IGADI
Mundo

O IGADI detecta no seu informe anual o declive dos Estados Unidos e a relevancia de Rusia

O IGADI vén de facer público o seu Informe Anual sobre a situación internacional do 2013 no que destaca a relevancia de Rusia fronte ao declive da influencia dos Estados Unidos. O informe repara tamén no auxe de China e o destaque de Brasil, Xapón, Turquía e India. 

Ría da Coruña
Galiza

PP e PSOE votan en Bruxelas un texto sobre as Rías que non garante o seu saneamento

O PP impuxo na Eurocámara, co apoio do PSOE, a aprobación dun informe que non contempla solucións para o saneamento integral das Rías galegas. O BNG lamenta que a súa preocupación principal fose eliminar as críticas á Xunta e ao Goberno central que presiden.