Información sobre o reino

rei Afonso VIII
A derrota da causa galega en 1230

O comezo do fin da independencia da Galiza

A morte de Afonso VIII é o punto de partida para o proceso de incorporación subordinada da Galiza ao espazo castelán. Malia que Sancha e Dulce foron confirmadas como raíñas polo partido galego á  morte do pai, Fernando III, apoiado polos magnates casteláns e o Vaticano, reclamou o trono galego, rachou cos acordos asinados no tratado de Toro e iniciou o seu avanzo cara Galiza, avalado por unha bula do papa Honorio III que o declarou herdeiro da coroa galega.

Debuxo da torre de
dona Urraca elaborado en
1842 por Ramón Gil (Imaxe: Arquivo de Héitor Picallo)
star
Reino da Galiza

A coroación de Afonso VII e outras historias

Ateigada está toda Basílica e un neno de pouco máis ou menos cinco anos, nado en Caldas de Reis, diríxese cara a onde agarda o prelado da diocese. Diego Xelmírez, que é o nome deste, escolle as mellores galas para tan solemne celebración; e o cativo, Afonso Raimúdez, acompañado polo seu aio Pedro Fróilaz de Traba, tamén loce unha ostentosa indumentaria.
Tumba da raíña Xoana de Castro no Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela. (Foto: Catedral de Santiago de Compostela)
star
Aquelas Galegas

Xoana de Castro, a raíña que foi

A súa proposta política aspiraba a rectificar o curso da historia do país tras o proceso de incorporación subordinada mediante a violencia á area castelá, iniciada en 1230 coa morte do rei galego Afonso VIII e respondida con sucesivas rebelións nas décadas seguintes.
Gravado do rei Edgberto de Wessex recollidas nunha crónica do século XII.
Información do Reino

Milia de Wessex, mar por medio

O casoiro de Milia de Wessex e  Rodrigo Romaes explícase no marco dos intensos contactos diplomáticos desenvoltos polos reis galegos diante doutras monarquías europeas.
Miniatura medieval que representa a raíña Sancha I e o seu consorte Fernando I. (Foto: Nós Diario)
star
Reino da Galiza

A raíña mecenas

Ordoño II
star
Reino da Galiza

Lugo, o bastión galego de Ordoño II

O rei que simbolizou o espírito de rebeldía da Galiza
rei Afonso VIII
Reino da Galiza

Afonso VIII, rei galego de principio a fin

O 23 de setembro de 1230 finaba en Sarria, camiño de Compostela, o rei Afonso VIII. Fillo do monarca galego Fernando II e da raíña portuguesa Urraca, pasou a súa mocidade na Galiza, educándose na Casa de Traba e destacando como poeta en lingua galega. Após un conflitivo proceso, foi coroado en 1188 grazas ao apoio da nobreza, manténdose á fronte do reino até 1230 en constante litixio contra Castela. Está enterrado no panteón real da catedral de Compostela, a cuxa construción tanto contribuíu seguindo o proxecto familiar.
Reliquia do apóstolo Santiago
Reino da Galiza

O reinado de García un milenio despois da súa morte

22 de marzo de 1090 morría o rei García da Galiza no castelo de Luna, unha fortaleza situada nas terras da montaña leonesa de Babia, onde permaneceu encarcerado por orde do seu irmán. Seguindo as súas disposicións testamentarias, enterrárono cos pés amarrados aos mesmos grillóns de ferro que o acompañaron nos seus 18 anos de cativerio. A lápida da súa tumba, no panteón rexio da catedral de León, non deixaba dúbida: "Aquí xace o rei García de Portugal e Galiza, fillo do gran rei Fernando que foi capturado polo seu irmán con engano. Morreu preso o 22 de marzo de 1090".
Miniatura representativa da coroación de Afonso VII
Reino da Galiza

Afonso VII, o emperador da Galiza

Hai 915 anos, falamos do 1 de marzo de 1105, naceu en Caldas de Reis Afonso Raimundez, coroado rei da Galiza e emperador co nome de Afonso VII. Os seus máis de 40 anos como monarca correspóndense cun gran período de esplendor para o noso país.

foto_1.Xoana
A Galiza ignorada

Dona Xoana, a causa dunha Galiza de seu

Pasou á historia como A Beltranexa pero para nós será sempre a raíña que puidemos ter e nos roubou o malfado da historia.A excelente señora para os galegos e portugueses, a monxa tola para os cataláns e aragoneses, dona Xoana exemplifica nun tempo histórico a vontade do noso pobo de conformar unha Galiza arredada de Castela, achegada a Portugal e ligada ao espazo atlántico. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 345 de Sermos Galiza.

Sepulcro de Xoan I.
Reino da Galiza

Xoán I, o fillo de Afonso X que restaurou a independencia de Galiza

Xoán I será proclamado rei de Galiza en 1296. Nado en 1262 do matrimonio entre Violante de Aragón e Afonso X, casaría sucesivamente con Margarita de Montferrato e María Díaz de Haro, revolvéndose contra o seu pai nos anos finais do seu reinado. A coroación de Xoán I expresa a vontade dos núcleos reitores da sociedade galega por contar cun reino de seu, arredado de Castela e achegado a Portugal.

Afonso II
Reino da Galiza

As relacións do Reino de Galiza con Carlomagno

A endiañada xeoestratexia interna do espazo peninsular ao longo dos séculos VIII e IX obrigou os monarcas galegos a intensificar a súa acción diplomática diante de Carlomagno. O rei dos francos, a principal potencia rexional europea do momento, na cúspide do seu poder, após ser nomeado no ano 800 emperador do Sacro Imperio Romano, non só partillaba coa coroa galega intereses territoriais na área ibérica e o combate á doutrina adopcionista, senón que xogaba un papel de árbitro no contexto europeo.

Castelo de Ponferrada.
Reino da Galiza

Rodrigo de Castro, a derradeira rebeldía do medievo galego

San canuto, neto de Ulf.
Reino da Galiza

Ulf Galiciefarer, un viquingo no Reino de Galiza

Os pobos do norte intervirán de xeito activo na política interna dos reinos europeos. Tamén no de Galiza.

Guillermo de Normandía cabalgando na batalla de Hastings. Gravura do Tapiz de Bayeaux. Século IX.
A historia do cabalo galego do rei viquingo

Guillerme de Normandía, o aliado do Reino de Galiza

Mapa 1.
Información do Reino

O Reino de Galiza nas crónicas europeas

No Sermos Galiza 256 recolliamos que Yilliqiya e Galisiya eran os nomes cos que as fontes árabes se referían ao Reino de Galiza. Mais a documentación árabe non foi a única que o recolleu. Tamén as crónicas europeas poñen de manifesto que Galiza e España eran realidades diferentes. Analizamos as fontes europeas entre os séculos VII e XV. Eis un extracto da información que publicamos no Sermos Galiza 260.

Mapa Reino de Galiza
Historia

Yilliqiya ou Galisiya, o Reino de Galiza nas fontes árabes

Yilliqiya ou Galisiya. Así aludían ao Reino de Galiza as fontes árabes, que achegan unha información que impugna o relato da historiografía españolista e que pon sobre a mesa a súa importancia. Ibn Jaldun, o historiador árabe por antonomasia, dedica no século XV un capítulo da súa obra a elaborar toda unha historia dos Reis de Galiza. Publicamos un extracto do recollido no semanario Sermos Galiza 256.