infantil

O Campus de Verán da Fundación Celta arranca neste mes de xuño e achegará o deporte rei a 16 localidade diferentes da Galiza.  (Foto: Campus de Verán Fundación Celta).
DEPORTES

As crianzas protagonizan o deporte estival

Coa fin das competicións sénior, os nenos e nenas ganan protagonismo
A autora Laura Cid xunto a unha páxina do seu conto 'Maruchi e o gancho'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Laura Cid: "Non adoito debuxar persoas; relaciono as súas características cun animal que as representa"

Laura Cid Rascado foi galardoada na terceira edición do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi polo seu conto infantil 'Maruchi e o gancho', a primeira historia deste estilo na que tanto as ilustracións como o texto saen da súa man.
Crianzas pasean por Compostela (Foto: Ana Varela).
SOCIAL

O prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta acaba esta cuarta feira

En total, ofértanse 10.500 prazas de 0 a 3 anos na súa rede de centros públicos para o próximo curso 2023-2024.
Peter Punk actuará nesta quinta edición do Cinema Miúdo. (Foto: Festival Cinema Miúdo)
CULTURA

Volta a Ames unha nova edición do festival infantil 'Cinema Miúdo'

O certame proxectará diversas curtas internacionais.
Pablo Nogueira busca fomentar o hábito da lectura coas súas obras.  (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Pablo Nogueira: "Desde a literatura debemos dar resposta a unha sociedade cada vez máis diversa"

Pablo Nogueira, mestre e escritor, vén de recibir o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade coa obra 'Ringo. Memorias dun coello fedello', que será publicada por Xerais ao resultar gañadora do certame. Nogueira busca fomentar o gusto pola lectura e o valor da diversidade e aborda os intereses e motivacións das crianzas á hora de seguir unha historia xa que, como el di, "o bo que ten a literatura infantil é que todo pode ser posíbel, permite soñar e crear novos mundos".
O autor gañador da edición deste ano do 'Raíña Lupa', Lois Pérez. (Foto: Alba Díaz)
CULTURA

Lois Pérez gaña o XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil

A súa obra, 'A tribo do mar', foi seleccionada polo xurado por "enfiar diferentes voces para amosar un relato que recolle a realidade actual da emigración".
O dramaturgo Carlos Labraña. (Foto: Europa Press)
CULTURA

'Mambrú volveu da guerra', do dramaturgo Carlos Labraña, primeira obra en galego que gaña o Premio SGAE de Teatro Infantil

Labraña reivindica a memoria histórica neste texto: "Creo que a nosa obriga é loitar contra o esquecemento".
O curso no primeiro ciclo de infantil arranca sen restricións Covid, ao igual que no resto de niveis educativos. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

O curso nas escolas de 0 a 3 anos comeza esta terza feira con folga do persoal

Medio millar de escolas infantís ofertan unhas 31.000 prazas na Galiza
Alumnado de terceiro do grao de Educación Infantil da USC crea, proba e comparte material e actividades inspiradas nos zoqueiros. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Os oficios tradicionais galegos, ao servizo do desenvolvemento motriz das crianzas

Alumnado de Educación Infantil da USC traballa no fomento da expresión corporal da cativada a través dun proxecto de aprendizaxe-servizo inspirado en máis dunha ducia de oficios tradicionais.
Capa de 'Un día con papá'.
star
Música: 'Un día con papá', de Víctor Castro

Amor pola música

Un libro-disco sinxelo de Víctor Castro cunha manchea de colaboracións que o transforman nun traballo completo.
Imaxe de arquivo dunha escola infantil. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xunta muda o protocolo Covid para as gardarías: así se xestionarán os casos desde agora

A ollos da CIG, o novo protocolo "esquece a casuística das escolas infantís".
EuropaPress_3290604_monitorizacion_continua_calidad_aire_aulas_educacion_infantil
LINGUA

En 6º de Educación Infantil: 8 libros en castelán, 1 en inglés e 0 en galego

A lingua galega desempeña un papel residual na Educación Infantil, onde semella ser un idioma estranxeiro en vez do propio. Para mostra, o material didáctico que se emprega, de maneira maioritaria, en 6º de Infantil.

Obesidade infantil

As aulas presenciais, a máscara e a distancia seguirán sendo cuestións chave o vindeiro curso. (Foto: Eduardo Sanz / Europa Press).
SOCIAL

O novo curso, con 150 mestres menos en primaria, infantil e educación especial

A modificación da Xunta do catálogo de infantil, primaria e educación especial recorta 109 unidades e máis de 150 mestras e mestres menos en primaria, infantil e educación especial.
Un superheroe visitou un hospital por esta conmemoración. (Foto: JdA / Europa Press)
SOCIAL

A supervivencia do cancro infantil supera o 70%

O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha patoloxía que rexistra entre 50 e 60 casos ao ano na Galiza.
Cadriño de 'Nerea. O príncipe da sorte'. (Foto: Pablo Prado)
'Nerea. O príncipe da sorte'

Aventuras en banda deseñada con fases de videoxogo

A segunda edición do premio Garaxe Hermético escolleu como gañadora a banda deseñada 'Nerea. O príncipe da sorte', que asinan Pablo Prado nas ilustracións e Miguel Rojo no guión. Trátase dunha historia con doses de humor na que unha moza entra, a través dun charco, nun universo de fantasía para rescatar un príncipe. 
É un novo día en Mossy Bottom. (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

Encontros na certeira granxa

Nestes meses de confinamento, entre outras cousas, volvinme un pouco seriéfilo; e todo grazas á miña filla. Varias tempadas de Peppa Pig, d’A ovella Shaun, de Simon, Masha e o oso, O pequeno reino de Ben e Holly, Puffin Rock ou Pocoyó. Certamente series bastante entretidas e unha boa proba de lume para coñecer os meus límites para aturar cancións infantís nos miolos durante todo o día e, co tempo, até cantaruxalas.
vedra ensino
Advírteo CIG-Ensino

O profesorado incrementa a súa oposición ao protocolo da Xunta

A dous días de que dea comezo o curso lectivo, o persoal de centros educativos de infantil e primaria reclama máis contratacións e menos alumnado por clase para poder cumprir os protocolos de separación.

Escola infantil da Galiza Azul en Fene-Barallobre (Foto: Xunta).
SOCIAL

O número de admitidos en escolas infantís da Xunta para o próximo curso cae en 300 até os 8.200

Así, foron aceptados un total de 8.200 nenos e nenas para o curso 2019/20, o que representa 76% das 10.800 solicitudes presentadas.

Isabel , profesora e investigadora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (Imaxe: Eduardo Castro Bal)
CULTURA

Isabel Mociño: "En tempos coma este ler pode salvarnos"

Isabel Mociño é profesora e investigadora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e forma parte de diversos grupos de investigación sobre Literatura Infantil e Xuvenil (LIX). Coordinou a obra LibroObxecto e Xénero. Estudos ao redor do libro infantil como artefacto, editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo e que recompila artigos de diversas estudosas deste ámbito. Conversamos con ela sobre o estado do álbum ilustrado e sobre o estado da LIX na Galiza