impunidade

estadioriazor
DEPORTES

O fútbol galego irmanda con Nunca Máis para deixar fóra de xogo a sentenza da impunidade

Celta, Depor e Lugo xogan este sábado coa mesma camisola, a de Nunca Máis, no partido de Galiza contra a decisión xudicial que deixa sen castigo a catástrofe do Prestige. Balaídos e Riazor, no minuto 10 dos respectivos partidos, berrarán contra a impunidade.

nuncamais_capa
SOCIAL

1 de decembro: a bandeira azul e negra volve ás rúas, agora contra a impunidade

O 1 de decembro fanse once anos da histórica manifestación que colapsou Compostela. A prensa internacional deu a cifra de 300.000 persoas. Unha maré humana (e de paraugas) exixiu a demisión dos responsábeis políticos do 'Prestige' e a declaración da Galiza como zona catastrófica. 1 de decembro é este domingo. Nunca Máis convoca protestos outravolta. Desta, para berrar contra a impunidade.

Nunca Máis
Galiza

As escaleiras da Praza da Quintana visten de negro contra a impunidade do Prestige

Nunha acción silenciosa un grupo de moz@s cubriron de negro esta quinta feira as escaleiras da Praza da Quintana en Compostela baixo o lema 'Nunca Máis impunidade'. A plataforma Nunca Máis convoca mobilizacións este domingo nas vilas e cidades do país. 

seareiros-470
ECONOMÍA

Balaídos e Riazor: fungueirazo á impunidade do Prestige

Peñas do Celta, do Depor e do Lugo comparten unha petición para as afeccións galegas nesta fin de semana: que no minuto 10 dos respectivos encontros os berros e as bandeiras de Nunca Máis enchan as bancadas dos estadios.  

Edís do BNG portaron camisolas de Nunca Máis no pleno
POLÍTICA

O PP veta unha moción contra a "impunidade" do Prestige

O grupo municipal do PP na Coruña impediu esa segunda feira que se debatera unha moción presentada polo BNG para "evitar a impunidade da marea negra do Prestige". Á saída do pleno o alcalde, Carlos Negreira, dixo sentirse "indignado" pola sentenza. 

Xavier Vence [Imaxe: SG]
POLÍTICA

O BNG chama á mobilización contra a "impunidade" dos responsábeis políticos

A organización frontista denunciou que a sentenza do Prestige deixa "os responsábeis impunes" e chama á cidadanía a tomar parte das mobilizacións convocadas para "erguer a bandeira da dignidade" fronte un poder xudicial que, din, "non e capaz de repoñer a xustiza". 

gustavogarcia
POLÍTICA

Destrozan en Vigo o despacho dun avogado da querela arxentina contra o franquismo e deixan lemas de 'Tortura al rojo'

Descoñecidos entraron no bufete de Gustavo García, xurista da Fundación Galega contra a Impunidade. No bufete, acoitelaron cadros e deixaron excrementos no chan, para alén de pintadas como 'Viva el fascio'.

Acto da memoria en Montecubeiro
MEMORIA E HISTORIA

Clamor contra a impunidade e pola penalización da apoloxía do franquismo

Arredor de cincocentas persoas reclamaron en Montecubeiro o fin da impunidade e a penalización da apoloxía do franquismo. A só uns vinte quilómetros de Baralla, a homenaxe ás vítimas do franquismo clamou tamén pola xustiza coa súa memoria. 

O galego, a impunidade e a mentira

Debo recoñecer que a estas alturas non é doado que haxa actuacións da Consellería de Educación que me resulten sorprendentes. Son tantas, permanentes e disparatadas  as que levamos soportado que xa a un lle parece  que está inmunizado ante tanta impostura,   engano e demagoxia  que emanan dunha Consellería que, baixo a batuta de  Jesús Vázquez, usa constantemente, de maneira perversa, os medios institucionais e de comunicación  e os  recursos públicos para atacar o idioma e calumniar impunemente a organización maioritaria do profesorado galego, a CIG-Ensino. Mais a última deixoume abraiado.

Nais contra a impunidade
SOCIAL

As Nais contra a impunidade apreséntanse en Compostela

O centro social A Casa do Vento acolle esta quinta feira a presentación dun colectivo de familiares de persoas falecidas baixo custodia policial e carceraria. O seu obxectivo: esclarecer a morte dos finados e dar apoio persoal, xurídico e contestatario ás familias en circunstancias similares

Nora Cortiñas
Mundo

Avoas e nais piden abrir os arquivos e o fin da impunidade despois da morte de Videla

Avoas e Nais da Praza de Maio, os colectivos de mulleres que saíron na busca de fill@s e net@s que a ditadura militar roubou ou fixo desaparecer non dan por finalizada a súa loita coa morte de Videla. Reclaman abrir arquivos e poñer fin á impunidade e lamentan que o ditador morrera sen se arrepentir e sen confesar onde están os seus seres queridos. Valoran, pola contra, que atopase o seu fin no cárcere, onde cumpría condena perpétua. 

Nora Cortiñas
Mundo

Avoas e nais piden abrir os arquivos e o fin da impunidade despois da morte de Videla

Avoas e Nais da Praza de Maio, os colectivos de mulleres que saíron na busca de fill@s e net@s que a ditadura militar roubou ou fixo desaparecer non dan por finalizada a súa loita coa morte de Videla. Reclaman abrir arquivos e poñer fin á impunidade e lamentan que o ditador morrera sen se arrepentir e sen confesar onde están os seus seres queridos. Valoran, pola contra, que atopase o seu fin no cárcere, onde cumpría condena perpétua. 

diñeiro
ECONOMÍA

A amnistía fiscal: impunidade a prezo de saldo para a trama Gürtel

Facenda recoñece ante a Audiencia Nacional que sete imputados na trama Gürtel regularizaron máis de nove millóns de euros aproveitando as amnistías fiscais dos gobernos de Zapatero e Rajoy
diñeiro
ECONOMÍA

A amnistía fiscal: impunidade a prezo de saldo para defraudadores millonarios

Concluído o prazo da controvertida amnistía fiscal impulsada polo goberno Rajoy, técnicos de Facenda sinalan que, como moito, esta medida servíu para recadar o 6% do previsto polo propio exectivo. Apenas 150 millóns dun total de 2.500. "Impunidade a prezo de saldo", califican expertos esta medida
Rolda de prensa da Plataforma Nunca Máis na Coruña
SOCIAL

Nunca Máis maniféstase contra a impunidade esta terza

O 16 de outubro comezará o macro-xuízo polo caso do Prestige. Co gallo da súa celebración a Plataforma Nunca Máis convoca unha concentración na Coruña.
DEREITOS HUMANOS

Esculca denuncia máis unha vez "os maos tratos e a impunidade'' en Teixeiro

Un funcionario público mallou até tres veces no mesmo día nun interno do penal de Curtis. Co 'Motín de Teixeiro' na cabeza, este novo caso vén sumarse a todos os denunciados polos internos desde 1999, un ano despois da entrada en funcionamento deste centro