ilustración

O ilustrador Xosé Cobas.
Contracultura

Xosé Cobas: "A ilustración literaria enganchoume de tal maneira que fun sendo menos pintor"

Xosé Cobas, ilustrador, aborda o proceso creativo que acompañaba aos libros que publicaba con Xabier P. DoCampo, quen o introduciu no mundo da ilustración literaria, así como a busca dunha vida interior rica que se vexa reflectida nas súas creacións.
Foto de familia coas gañadoras do premio.
CULTURA

As catalás Núria Figueras e Anna Font recollen o Premio Compostela de Álbums Ilustrados

'A visita' impúxose nunha edición do Premio Compostela á que se presentaron 261 proxectos procedentes de 22 países.
A escritora Núria Figueras e a ilustradora Anna Font, autoras do álbum ilustrado  'A visita'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Núria Figueras e Anna Font: "Na obra non quixemos negativizar o silencio, senón axudar a entender que é algo agradábel"

Hoxe, no compostelán Pazo de Raxoi, Núria Figueras e Anna Font recollen da man da alcaldesa, Goretti Sanmartín, o Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados 2023, galardón convocado polo concello da capital. Na súa décimo sexta edición, a obra gañadora é A visita, un conto infantil editado por Kalandraka e escrito por Núria Figueras e ilustrado por Anna Font, e que leva a reflexionar sobre o silencio nunha sociedade na que só se escoita ruído.
Acto inaugural de Compostela Ilustrada.
CULTURA

As Xornadas de Ilustración Urbana afondan no debuxo como modo de vida

O 6º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais
Miriam Louzao e Gemma Sesar na presentación das xornadas.
CULTURA

As Xornadas de Ilustración Urbana volven ao Auditorio de Galiza ao abeiro do programa Compostela Ilustrada

Do 9 ao 12 de novembro, o 6º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais. Nese contexto, as Xornadas de Ilustración Urbana arrancan o día 10 dúas tardes consecutivas de faladoiros con profesionais do eido para achegar á cidadanía o seu proceso creativo.
As ilustracións de Blanca Millán figuran en máis de 30 libros en diversas linguas. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Blanca Millán: "Ás crianzas precisan falar e os libros deben pór as dúbidas enriba da mesa para poder conversar"

Blanca Millán, ilustradora, pon en imaxes os versos de Rosalía de Castro no seu novo álbum, 'Miña casiña, meu lar' (Galaxia) coa intención de achegar os seus poemas á cativada.
Detalle da portada do libro.
star
Libros

Persefoneidas

Reseña de 'Ula e Vinca. O feitizo da primavera', de María Brenn.
O artista David Rubín vén de crear as viñetas de 'Cosmic detective' e vai presentar en decembro 'O lume'. (Foto: Manuel Barreiro)
SOCIAL

O ilustrador galego David Rubín renuncia a uns premios por non haber mulleres nominadas

"Toda esa ilusión e alegría que me invade por tal recoñecemento vese frustrada polo feito de ver que nas candidaturas non hai nin unha soa autora nomeada, algo que considero inxusto máxime lendo varias obras de autoras que poderían perfectamente optar a eles", subliñou Rubín nun texto publicado en Facebook.
Antón Mascato e Pepe Carreiro, en 1983.
star
Reportaxes

Corenta anos do 'Can sen Dono'

"En Can sen Dono admitimos todos os sectarismos",  ningunha outra frase explica mellor o que foi aquela experiencia da edición da primeira revista de humor posterior á guerra de 1936. O autor dela foi Xesús Chichi Campos, un dos principais colaboradores gráficos e literarios desta publicación da que se cumpre agora o corenta aniversario. Nela colaboraban humoristas con tendencia á esquerda nacionalista como Xaquín Marín, ou Xosé Lois O Carrabouxo, mais tamén outros de ideas conservadoras como Mariano Marcos de Abalo, ou o falanxista Lalo Vázquez Gil.
Primitivo Marcos é debuxante, ilustrador e colaborador en prensa e programas de televisión. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Primitivo Marcos, ilustrador: “O atractivo de ilustrar O paso do Noroeste foi máis grande que a súa dificultade"

O ilustrador Primitivo Marcos foi o encargado de pór imaxes á obra O paso do Noroeste, publicada por Xavier Queipo no ano 1996 e que agora edita Galaxia en forma de banda deseñada. 
Pruden Tattoo Dupla
Máis

A iconografía galega triunfa nas tatuaxes

Escenas da esmorga ourensá, a serea de Castelao, pandeireteiras, labregos e labregas traballando a terra... Son algúns dos elementos que representan nos seus deseños Anxo Varela e Lúa Carballo. Hoxe o seu proxecto común, Pruden Tattoo, é unha das marcas con máis éxito na ilustración galega e internacional.
Núria Figueras e Anna Font xa traballaran xuntas colaborando en medios de comunicación (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Núria Figueras e Anna Font: "As persoas adultas tamén lle temos medo ao silencio, por iso poñemos a radio e vemos series"

Núria Figueras e Anna Font son a autora e a ilustradora, respectivamente, de 'A visita', a obra gañadora do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado convocado polo Concello de Santiago e a editorial Kalandraka e ao que se presentaron máis de 260 obras de Estados como México, Dinamarca, a China ou Turquía.
Andrea García continúa a súa formación en Deseño de Interiores. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Andrea García: "Galiza ten unha cultura riquísima de mitos e contos de lareira, que me marcaron de nena"

Andrea García, autora de Animais fantásticos de aldea, de Xerais.
A autora Laura Cid xunto a unha páxina do seu conto 'Maruchi e o gancho'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Laura Cid: "Non adoito debuxar persoas; relaciono as súas características cun animal que as representa"

Laura Cid Rascado foi galardoada na terceira edición do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi polo seu conto infantil 'Maruchi e o gancho', a primeira historia deste estilo na que tanto as ilustracións como o texto saen da súa man.
Siro López acumula máis de 50 anos de carreira no mundo do humor. (Foto: Óscar Cela)
Contracultura

Siro López: "O máis importante que fago son os ensaios que veñen encher baleiros nos estudos sobre o humor"

Siro López vén de ser galardoado co Premio de Proxección Global do Encontro Mundial de Humorismo da Coruña (EMHU), recoñecendo a súa traxectoria na caricatura, no humor gráfico, no xornalismo e na investigación.
José Malvárez é autor e ilustrador de varias bandas deseñadas e novelas. (Foto Nós Diario)
CONTRACULTURA

José Malvárez: "O libro é unha crítica a esa necesidade que semella que existe de mostrar violencia"

José Malvárez, autor e ilustrador, publica Incoloro: a profecía dos sangues (Xerais), unha banda deseñada dirixida ao público xuvenil e que se perfilou durante a súa formación na escola O Garaxe Hermético. Define esta obra como unha fantasía medieval con referencias e formas actuais que tamén ten a súa parte de crítica: “Hai tanta violencia que chega un momento que nos insensibilizamos, e está presente tanto na ficción como na vida real”.
O ilustrador vigués Pepe Carreiro. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Pepe Carreiro: "Imaxinei Paco del Riego paseando con Risco por Compostela e bailando con Tutankamón"

Pepe Carreiro, ilustrador, é o encargado de pór as imaxes na biografía 'Francisco Fernández del Riego, o home que valía por mil' (Galaxia), cos textos de Antón Mascato. Carreiro aborda os pormenores do deseño tanto da súa figura como da época, "un mundo moi interesante politicamente, mais tamén creativamente", salienta.
O ilustrador e educador Xoán Andrade (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xoán Andrade: "Non utilizaría un sarcasmo destrutivo que non incitase a unha certa tenrura ou sorriso"

Xoán Andrade, ilustrador, recolle a súa traxectoria nunha exposición, 'Pingas de humor crítico', que está aberta ao público até o 8 de marzo no Arquivo Municipal de Betanzos. Andrade aborda a súa evolución, tanto a nivel de ferramentas dixitais como no que respecta ao seu discurso, porque como el di, “o que interesa é tratar de mellorar un pouco a sociedade”. 
Pintura de Dans que retrata unha serie de campos de Curtis.
CULTURA

A obra de María Antonia Dans celebra o Día da Ilustración

A Cidade da Cultura acolleu na segunda feira a inauguración da exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, coa que a Dirección Xeral de Cultura da Xunta da Galiza conmemora o Día da Ilustración. A mostra, que pode verse na entrada da Biblioteca da Galiza até mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas, na súa meirande parte orixinais. 
Ilustración para 'Galicia, unha cultura de occidente', con textos de Ramón Otero Pedraio.
CULTURA

Día da Ilustración para Mª Antonia Dans

Novas publicacións e actividades están contribuíndo a coñecer mellor a obra de María Antonia Dans, (Oza dos Ríos, 1922-Madrid, 1988), a artista homenaxeada este ano no Día da Ilustración. Entre as súas facetas creadoras máis descoñecidas está, precisamente, a de ilustradora de libros e xornais.