Iago Valverde

00_ESTUDIO
star
Reportaxes

MRM: facer sinxelo o complexo

A depuración é o proceso mediante o que se elimina o superfluo para buscar a forma máis pura e sinxela. Á hora de deseñar un edificio é preciso resolver situacións complexas. O estudio de arquitectura MRM depura os proxectos até alcanzar a forma máis sinxela que soluciona as necesidades máis complexas.
Interior da ferraxería Malasa de Cambre. (Foto: Luís Díaz)
star
Reportaxes

Sinaldaba: Contrapunto

A suma de elementos moi diferentes, en lugar de ruído, pode xerar harmonía. É preciso estudar atentamente os elementos que interveñen e buscar o xusto equilibrio entre as partes. Este recurso é habitual en arquitectura. O estudio coruñés Sinaldaba ten alcanzado resultados moi interesantes mesturando materiais e texturas moi distintos. 
Vivenda de campo en Coristanco (Foto: Iván Casal).
star
Reportaxes

Seara Peleteiro, xogo xeométrico

O xogo e a diversión forman parte da infancia pero pérdense ao chegar á vida adulta, esquecendo esa forma de experimentar o mundo. Os arquitectos Juan Seara e Berta Peleteiro tratan de recuperar o espírito lúdico na experiencia da arquitectura. Crean espazos sorprendentes e inesperados, dentro dunha xeometría clara. Conxugan a sensibilidade co territorio e o rigor construtivo coa diversión.
26-04-2022 Iago Valverde-6-min
star
Entrevistas

Iago Valverde: "O que esconde a idea de feísmo é unha superioridade moral"

Iago Valverde (Nigrán, 1985), arquitecto e colaborador de Sermos Galiza, acredita nunha arquitectura “cotiá” e “próxima”, desligada desa idea de grandes proxectos monumentalistas. Defende, ademais, unha arquitectura que sirva no “día a día” da cidadanía e que parta do compromiso co respecto do pasado. Interesado na divulgación do coñecemento, defende que a actual arquitectura galega ten “boa saúde” e apunta que o seu futuro pasa non tanto por novas construcións como pola rehabilitación e recuperación do existente.