Xosé Gómez
13/out./23 16:05
Hai factores que determinan a grandeza dun artista e un deles é a súa capacidade para crear un estilo propio e personaxes recoñecíbeis, case familiares, ao longo dos anos. Iso teno logrado Xaquín Marín (Ferrol, 1943), un dos humoristas gráficos imprescindíbeis. O público sábeo e, aínda que non foi o primeiro recoñecemento que recibía, o pasado día 7, coincidindo no tempo co seu oitenta aniversario e coas seis décadas de carreira artística, foi protagonista da gala coa que a Federación Galiza Cultura homenaxeou "o humorista gráfico galego máis relevante despois de Castelao".