home

Afastádevos dos homes, só queren facervos dano

A LOMCE camiña xorda, soberbia, arrogante, subida aos seus coturnos de traxedia antiga observando elevada ao coro de voces discordantes, que non se renden ante a aniquilación do público, do plurinacional e plurilingüístico. Día a día avanza esta marea que afoga as linguas propias, que mercantiliza o ensino, que o converte nun ranking de resultados, que segrega por sexos, que insiste en marcar a confesionalidade dun ensino aconfesional... e así unha longa restra de retrocesos que moitos profesionais teñen denunciado.

SOCIAL

O Goberno español limita os tratamentos de fertilidade a ''parellas de home e muller''

Así o dispón a proposta para a prestación de reprodución asistida que o ministerio de Sanidade vén de enviar aos territorios. O departamento de Ana Mato nega que esta decisión, que veta os tratamentos a lesbianas e mulleres que queiran ser nais en solitario, fose tomada por motivos ideolóxicos e di que é para "priorizar".

Iniciativa Social pola Soberanía
Galiza

Nace Galiza pola Soberanía (GpS), iniciativa social para avanzar cara un Estado Galego

"As mulleres e homes da nación galega tomamos nas nosas mans a responsabilidade de construír un futuro diferente, libre do Estado español e a UE". Así se recolle no manifesto fundacional de GpS, subscrito por máis de 200 persoas, e con vontade de sumar. Dezasete persoas compoñen a Coordinadora do proxecto

Galiza

Prenden na Coruña o home que quixo matar a súa compañeira guindándoa pola fiestra

Nas Illes Balears unha muller foi asasinada pola súa parella, apuñalada cun coitelo. En Lugo ingresou xa en prisión C. Gheorghe, quen matou Helena D. a machetadas. Dixo que o fixera "por ciumes". Concentracións de repulsa en Lugo, Vigo e Compostela

 

Imaxe do novo Papa.
INTERNACIONAL

Un estratega, un home austero e o seu pasado na dictadura: as moitas caras de Francisco

O ex arcebispo de Bos Aires, presentado esta cuarta feira ao mundo como o Papa que vai suceder a Bieito XVI, non é un home doado de clasificar. Nel conviven un pastor que rexeita as opulencias, un valedor dos colectivos que loitan contra a trata de persoas e as formas do esclavismo moderno, pero tamén un intelixente político cun accionar nada claro durante os anos negros da historia arxentina. Velaí as moitas voces sobre Jorge Mario Bergoglio.
CULTURA

The Tetas' Van: "Cómpre pecharlle a boca a quen pensa que por levar tacóns non somos tan boas músicas coma os homes"

Xuntáronse en 2010 co obxectivo de reivindicar o papel das mulleres riba dos escenarios e desde aquela non baixaron deles. Irene, Paula, Lucre, María, Lore e Gundi son The Tetas' Van, unha revolución feminina, e feminista. O seu tema Luísa Sorriso, un poema de Carvalho Calero, soa xa na nosa radio!
Galiza

Os salarios das mulleres son un 23,1% inferiores aos dos homes

Un 23,1% é a porcentaxe que expresa a brecha salarial dos homes e mulleres na Galiza. A Secretaría da Muller da CIG denuncia a discriminación no mundo laboral no Día Internacional da Igualdade Salarial entre homes e mulleres.
CULTURA

Lydia Botana: "A primeira banda monteina aos 17 anos; estaba chea de tocar con homes"

Ken nos Keima, tema en solitario da 'Bolboreta', pon o acento galego no disco Lo peor de la rumba, unha iniciativa do Bar Mariatchi de Barcelona e con Manu Chao entre @s argalleir@s da que fan parte recoñecidas bandas do talle de Che Sudaka ou La Pegatina. Podes escoitar xa Ken nos Keima en Radio Sermos.
Galiza

Un home queima con gasolina a súa ex parella e a nai dela en Bertamiráns

A garda civil busca o autor deste novo caso de terrorismo machista na Galiza, namentres as mulleres fican ingresadas no hospital da Coruña e o seu prognóstico é reservado
Cartaz do Certame
Galiza

Tres mulleres e un home optan aos premios do Certame de Curtas para Rosalía da AS-PG

O “Certame de Curtas para Rosalía” fallarase na súa terceira edición mañá día 17 na Coruña e, dos catro autores finalistas, tres son mulleres, unha maioría difícil de atopar no mundo audiovisual. Organizado pola AS-PG busca homenaxear á autora de Cantares Gallegos.

 
Xoán Bascuas, candidato de CxG
Galiza

Quince mulleres e quince homes dirixirán CxG con Xoán Bascuas como Secretario Xeral

CxG celebra hoxe o seu Congreso Constituínte do que sairá un Consello Político Nacional composto por quince mulleres e quince homes con Xoán Bascuas como Secretario Xeral.
Hugo Chávez e Nicolás Maduro
INTERNACIONAL

"A Revolución bolivariana non depende dun só home, desatouse un liderado colectivo"

Após anunciar que será sometido a unha nova intervención cirúrxica, o recentemente re-elixido presidente de Venezuela asegurou que depositara a súa confianza no vice-presidente,  Nicolás Maduro, porque a oposición "non descansará na incerteza, sobre todo en circunstancias como estas".
Presentación da Homenaxe a Vidal Bolaño no salón Teatro
Ao vivo

Vidal Bolaño terá en Compostela a homenaxe “ao home de aquí”

Amizades e familiares organizan unha gala o 27 de outubro no Salón Teatro na que participarán Chévere, Magnifique Band dos homes sen medo, Laura Ponte, Ataque Escampe, Rubén Ruibal e X. Carlos Mejuto, Dolce Vita, Leo arremecaghoná & García, Pako D'Pink & Perello e Mini e Mero.
Galiza

Xefe de policía española: o electricista acusado de roubar o Códice "é pechado, escuro e galego"

O xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, tamén sinalou que o detido agochaba os cartos  "debaixo dos ladrillos, como tod@s @s galeg@". O BNG pedirá explicacións no Congreso ao goberno español por estas declaracións.

Unha momia resesa, un vampiro cariado, un home eléctrico sen baterías e un peludo sen depilar

Estes días estou a ler, con enorme pracer, ‘As pequeñas memorias’ de Jose Saramago, toda unha alfaia delicada na que o portugués vai deitando, dun xeito un chisco anárquico e como lle peta (e ben que fai), os seus ollos sobre distintas lembranzas que lle van aparecendo de cando era un cativo.