historia

O acto tivo lugar diante do panteón da familia Garra. (Foto: Ateneo Amado Garra).
MEMORIA E HISTORIA

Un cento de persoas lembran Amado Garra no aniversario do seu nacemento

Familiares e membros do Ateneo Amado Garra fixeron unha ofrenda floral en memoria do lider agrarista e republicano ponteareán.

Castro de Coaña, nas terras do Eo-Navia (Foto: Markus Braun ).
star
Análise

Manipulación de etiquetas

Xosé-Henrique Costas é catedrático de Filoloxía Galega da UVigo.
Fragmento de Muíño. Circa 1930. A estética surrealista da pintura metafísica Francisco Miguel
star
Reportaxes

Diario de Bértoa: A recuperación dun artista galego da vangarda

Syra Alonso e Francisco Miguel formaron un deses tándems artísticos asociados á efervescencia cultural das vangardas do século XX. Emprenderon as viaxes da arte e voltaron á Galiza da etapa republicana habitando unha elocuente Casa da Felicidade no porto de Santa Cruz (Oleiros). Unha felicidade que quedou sepultada en setembro do 36. A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica vén de realizar os traballos na fosa común dos represaliados entre os que se atopaba Francisco Miguel.
Héitor Picallo, enxeñeiro e recoñecido investigador sobre o Reino da Galiza. (Foto: Arxina)
MEMORIA E HISTORIA

Unha cea celebra a vixencia do antigo Reino da Galiza

Homenaxean Héitor Picallo polos seus múltiplos estudos sobre diferentes aspectos da Galiza medieval.
Castelo de Altamira, en Brión, na comarca de Compostela (Foto: Martiño Picallo).
star
'30 castelos para descubrir un reino'

Descubrir Galiza a través dos seus castelos

Baixo a autoría e asesoramento de ducias de especialistas, Nós Diario publicou 30 castelos e torres galegas para descubrir un reino, un coleccionábel extraordinario, editado para celebrar os 1.000 números do diario, que valoriza o patrimonio, a historia e a contorna territorial dunhas construcións que retratan unha parte importante da identidade da Galiza. Esta terza feira rematan as entregas deste coleccionábel con 512 páxinas.
Homenaxe aos mártires de Sobredo
MEMORIA E HISTORIA

Guillarei lembra os mártires de Sobredo

O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo organiza unha homenaxe na que intervirá o profesor Elías Torres Feijóo, decano da Facultade de Filoloxía da USC.
X. Henrique Costas (Foto: Pepe Barro).
star
MEMORIA E HISTORIA

Xosé-Henrique Costas explica a Galiza medieval a través da novela histórica

Ao sur da liberdade é a primeira incursión do catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas na ficción. A vida do caudillo muladí Muhammad ibn Marwán Al-Galiqí, alcumado 'O Galego', dá pé a un relato que, en forma de novela, debuxa un panorama do medievo peninsular que desafía os tópicos da historiografía. Hoxe presénta o volume na Libraría Librouro de Vigo.
Marga Do Val e Miguel Cabo, onte en Tui na presentación do libro. Á dereita, retrato de Basilio Álvarez, por Castelao.
star
MEMORIA E HISTORIA

Basilio Álvarez, unha vida desmedida ao servizo das causas sociais

Esta cuarta feira, o historiador Miguel Cabo presentaba en Tui a súa biografía de Basílio Álvarez coincidindo co 80º aniversario do pasamento dunha das máis carismáticas e contraditorias figuras da Galiza de comezos do século XX. Nós Diario conversou con Cabo sobre "o cura de Beiro".
Uxío Carré cos seus fillos: de esquerda a dereita, Gonzalo, Leandro, Uxío, Lois e Carlos.
CULTURA

O arquivo da familia Carré, custodiado polo Arquivo do Reino de Galiza

O Arquivo da Familia contén documentación que abrangue de 1762 até 1978.
Tres buxainas que se poden ver no Museo do Pobo Galego (Foto: Manuel Vilar Álvarez).
star
Análise

O museo de Galiza

Manuel Vilar Álvarez é director do Museo do Pobo Galego.
Unha das salas da mostra.
CULTURA

A mostra 'Vigo no tempo' explora a cidade olívica en todas as súas vertentes

A exposición coloca nun mesmo escenario o Vigo industrial e o editorial, a influencia do Cable Inglés nos costumes e no lecer, o Vigo da Movida ou do Grupo Atlántica, e o Vigo do mar e as lendas.
BaixaFornos de calcinación de mineral de ferro na Pontenova (Foto: Colectivo Xea).
CULTURA

As cuartas xornadas da Terra de Miranda debaten o momento que vive o medio rural galego

Afondarán nas potencialidades da historia e do patrimonio locais.
O historiador Miguel García-Fernández (Foto: IEGPS).
SOCIAL

Miguel García-Fernández, historiador: "Non pode ser que dependa do profesorado que se estude ou non a historia galega"

Miguel García-Fernández é licenciado en Historia coas especialidades de Historia medieval e Historia moderna (USC, 2011) e con grao (USC, 2012), así como experto en Estudos Medievais Europeos (USC, 2012). Colabora no coleccionábel '30 Torres e Castelos para descubrir o Reino da Galiza' e, a respecto desta publicación, conversa con 'Nós Diario' sobre a súa importancia así como a riqueza da historia da Galiza.

Representantes dos vinte proxectos seleccionados polo II Certame ‘Fondo de proxectos culturais do Reino da Galiza’.
star
CULTURA

Vinte proxectos para o Reino da Galiza

Proxectos audiovisuais, un xogo de cartas, espectáculos, unha colección de roupa, cantigas, murais e ata un escape room son algúns dos proxectos escollidos no II Certame ‘Fondo de proxectos culturais do Reino da Galiza’ da Deputación da Coruña. 
 
Ana Cabana fai parte do grupo de investigación Histagra (USC). [Foto: Marcos Franco]
Entrevista

Ana Cabana, historiadora: "As mulleres do rural lideraron a resistencia"

A historiadora Ana Cabana (Castro de Rei, 1976) analiza en 'Cento cincuenta mulleres e ningún home' o papel da muller rural nas protestas sociais no campo galego durante o franquismo. O artigo, publicado en 2021 na revista 'Historia Social' vén de recibir o premio á introdución da perspectiva de xénero convocado pola USC.
Sepulcro de Peres de Andrade, que patrocinou a tradución da obra. (Foto: Alexandre Vigo)
CULTURA

O BNG reclama ao Estado a devolución da 'Crónica Troiana'

Néstor Rego defende trasladar ao noso País o códice que contén esta obra medieval galega, albergado na Biblioteca Nacional de Madrid, para a súa conservación, valorización e exposición pública.

Manuel Vilar, esta terza feira, na inauguración da mostra. (Foto: Arxina)
star
CULTURA

O Museo de Galicia do Seminario de Estudos Galegos revive en Santiago

O Museo do Pobo Galego exhibe desde onte as pezas que pertenceron ao Museo de Galicia do Seminario de Estudos Galegos (SEG), nun itinerario que visa a recuperar a memoria da institución no ano do seu centenario. A mostra exhibe pezas que recuperan a cultura tradicional galega e que foron rescatadas polo SEG segundo os parámetros europeos da etnografía máis avanzada na altura.
Reunión do Seminario de Estudos Galegos (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Arrinca en Santiago o congreso que revisa o legado do Seminario de Estudos Galegos

Justo Beramendi, Ramón Villares, Henrique Monteagudo son algúns dos participantes nesta cita que arrinca hoxe  en Santiago. 
Dionísio Pereira fai medrar o seu sitio web persoal. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Dionísio Pereira, historiador: "A Galiza non é submisa, sempre houbo rebeldes"

Con 60 anos o historiador Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) puxo en marcha un blog persoal que agora con 70 vén de ampliar e transformar nun sitio web onde dá conta da súa traxectoria como investigador. 'Na volta do camiño' condensa o seu compromiso coa memoria dunha Galiza rebelde.
Plácido Castro no domicilio familiar de Corcubión, 
nos anos 20. (Foto: Fundación Plácido Castro)
star
Reportaxes

O recoñecemento da Galiza: o ingreso no Congreso de Nacionalidades Europeas

Ao se cumpriren 90 anos da participación galega no IX Congreso de Nacionalidades Europeas cómpre unha mirada para contextualizar aquel evento que permitiu unha importante e primeira participación internacional significativa do galeguismo e enxalzar a súa transcendencia para Galiza. Representou tamén un importante recoñecemento de Plácido Castro como integrante do núcleo duro do Partido Galeguista, onde asumiría a secretaría de relacións internacionais.