Historia inacabada do deporte galego

O xornalista Héctor Pena na Coruña (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Héctor Pena, gañador do XX Premio Johan Carballeira de Xornalismo

O xurado destacou o traballo 'Historia inacabada do deporte galego'.
O Pescados Rubén Burela é o indiscutíbel mellor equipo de fútbol sala do mundo (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Os mellores equipos do país"

Ademais de grandes estrelas individuais, o deporte galego tamén é o feudo de equipos potentes nas súas respectivas categorías, referentes non só a nivel estatal, senón tamén internacional. Baloncesto, balonmán, voleibol, hóckey ou fútbol sala son o vivo exemplo de que na Galiza hai tamén poderío en forma de clubs.
O futuro do deporte leva nome de muller, e Julia Benedetti é a viva representación desta realidade (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Novos deportes e paradigmas deportivos"

Os valores de feminismo e tolerancia que a sociedade está a adoptar en cada vez maior medida impregnan, como non podía ser doutro modo, o mundo do deporte. Unha modalidade, o roller derby, adoptounos como bandeira, mais neste século XXI xa ben entrado na súa segunda década xorden outras disciplinas deportivas e paradigmas que prometen modificar para sempre o panorama atlético.
Aínda que na actualidade se atopa na segunda categoría, o Celta pode alardear de contar no seu palmarés con catro Copas da Raíña e cinco títulos de Liga (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "As canastras con máis sabor galego"

O baloncesto foi, tradicionalmente, un dos deportes máis populares entre as mulleres galegas, como dá boa mostra o feito de que leva perto de 100 anos practicándose. Cos anos, o seu peso foi aumentando, e figuras históricas como Ángeles Liboreiro e Maribel Lorenzo, ou as actuais Tamara Abalde e Raquel Carrera, demostran que o futuro da modalidade na Galiza está máis que garantido.
O prazo para que chegue aos 14,55 metros remata o 30 de xullo. (Foto: Nós Diario)
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Os récords das atletas galegas"

Ana Peleteiro representa mellor que ningún outro nome a xigantesca evolución do atletismo feminino galego, que non fixo acto de presenza nos Xogos Olímpicos até Barcelona 1992. 30 anos despois de que as pioneiras Ángeles Barreiro e Estela Estévez esnaquizasen ese teito de cristal, as deportistas da Galiza non só son fixas en numerosas modalidades, senón que ocupan postos de privilexio e son temidas e respectadas no plano internacional.
Álvaro Pino gañou a Vuelta Ciclista a España no ano 1986 (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "De Ponteareas para o mundo"

O das dúas rodas é un dos deportes que máis glorias reportou ao palmarés galego. Desde aqueles anos 40 nos que a familia Rodríguez fixo de Ponteareas o epicentro do ciclismo a nivel estatal até os éxitos do tamén ponteareán Álvaro Pino nos 80, sen esquecer os moito máis recentes triunfos de Óscar Pereiro no Tour de Francia de 2006 ou a breve pero inesquecíbel aventura do Xacobeo Galicia (2007-2010) no pelotón, finalizada abruptamente pola falta de apoio da Xunta cando o PP recuperou o Goberno.
Irene Martínez acumula títulos e plusmarcas, como o récord estatal na categoría de menos de 59 quilogramos de peso (Foto: FGH).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Golpeando o saco das medallas"

Quizais opacados por outras disciplinas con máis prédica entre o gran público, o certo é que deportes de contacto e artes marciais nas súas máis diversas formas, como o boxeo, a loita libre, e o taekwondo, foron, son e serán fontes inesgotábeis de glorias para o deporte galego, o mesmo que outra modalidade deportiva na que a forza non é menos importante que nas anteriores: a halterofilia.
O legado de Javier Gómez Noya, cinco veces campión mundial e gañador dunha prata olímpica, será eterno, pero o futuro está garantido (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Tríatlon: hai vida alén Gómez Noya"

Pode -e con todo merecemento, dado o seu incomparábel palmarés- que Javier Gómez Noya acapare as miradas cando se pensa no tríatlon, pero o deporte 'tres en un' non chegaría a ser o que foi se outros como Iván Raña non pavimentasen antes o camiño do éxito para outros nomes de primeiro nivel como Pilar Hidalgo, Antón Ruanova, Pablo Dapena ou Susana Rodríguez, ouro nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020.
As traíñas, aínda non sendo deporte olímpico, teñen un gran peso xa non só no eido do deporte, senón no social e o cultural (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "O peso dos deportes acuáticos"

A “costa verdecente” da que fala Pondal no himno galego é tan importante para o deporte do país que os maiores éxitos olímpicos da Galiza chegaron da man de disciplinas nas que o medio acuático, o mar e os ríos, cobran non menos protagonismo que os propios deportistas, sen deixar a un lado o impacto mesmo social e cultural que teñen as traíñas, unha modalidade que non será olímpica, pero que está fondamente arraigada na idiosincrasia da Galiza.

A diferenza do que acontece coa loita canaria ou leonesa, a galega continúa practicándose con pantalóns de vestir (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Deportes autóctonos"

Unha das principais características dun pobo, como o galego, é o respecto e a conservación do seu Patrimonio Cultural Inmaterial, iso que a Organización das Nacións Unidas define como "as prácticas e expresións vivas que se herdan dos antepasados" e que entre as súas manifestacións inclúen prácticas que aínda sobreviven na Galiza, como son os deportes e xogos populares propios, brillando con luz propia algúns moi practicados como a billarda, a chave e os bolos celtas.
Disciplinas como o rugby 7, no que a Galiza gañou o título Estatal en 2018, tamén deparan moitas alegrías á afección (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Vitorias alén do 'mainstream'"

Fútbol, baloncesto, atletismo... son as modalidades máis populares, pero parte da grandeza do deporte galego radica en que hai espazo para todas, incluídas disciplinas que voan baixo o radar da popularidade masiva, casos do waterpolo, o hóckey sobre herba, a ximnasia, o tiro olímpico, o tiro con arco ou o squash.
Tanto a nivel de clubs como de seleccións, o poderío da Galiza no fútbol gaélico é incuestionábel. Na imaxe, as xogadoras do conxunto coruñés Fillas de Breogán alzan o título que as recoñece como vencedoras na Copa Intermediate do Campionato Paneuropeo (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Fútbol gaélico, o deporte no que a Galiza compite oficialmente"

Cando alguén dubide de que a Galiza, se lle desen a oportunidade, podería chegar a competir con éxito en calquera modalidade deportiva, débese aducir sempre o exemplo do fútbol gaélico, no que a selección galega leva xogando en pé de igualdade con Irlanda, Francia ou Arxentina desde hai xa máis dunha década.
As rúas das diferentes capitais galegas levan décadas acollendo manifestacións reivindicando a oficialidade dos combinados nacionais galegos (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "Dereito a competir"

A oficialidade e o dereito a competir internacionalmente por parte das seleccións deportivas galegas é unha vella reivindicación da sociedade, xa sexa a través de manifestacións nas rúas, con accións culturais ou na área política, nun movemento que se inicia hai medio século e que medra exponencialmente da man do Bravú nos anos 90. O seu obxectivo? Visibilizar unha dramática realidade e adquirir os mesmos dereitos cos que contan noutras nacións sen Estado do planeta como Escocia e País de Gales, ou mesmo en territorios como Xibraltar, as Illas Feroe ou Anguila.
Pahíño, o mellor dianteiro do seu tempo (1945-55) no conxunto do Estado, foi castigado por pronunciarse politicamente e ler libros de autores rusos (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "O fogar do Balón de Ouro"

O fútbol é a única fe do país que non ten nin conversos nin apóstatas, pois, como dicía Eduardo Galeano, "unha persoa pode cambiar  de parella, de partido político e mesmo de relixión, pero endexamais pode cambiar de equipo de fútbol". Esa crenza inquebrantábel nunhas cores, xa sexan as branquiazuis do Dépor, a celeste do Celta ou a albivermella do Lugo, por destacar algunhas das principais escuadras da Galiza, son o xermolo da paixón por un deporte que viu medrar figuras de talle planetario como Luis Suárez, Amancio, Pahiño, Acuña, Fran, Míchel Salgado, Iago Aspas ou Angeliño.
Irene González e Verónica Boquete.
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "De Irene González a Vero Boquete"

O fútbol é a única fe do país que non ten nin conversos nin apóstatas, pois, como dicía Eduardo Galeano, “unha persoa pode cambiar  de parella, de partido político e mesmo de relixión, pero endexamais pode cambiar de equipo de fútbol”. Esa crenza inquebrantábel nunhas cores, xa sexan as branquiazuis do Dépor, a celeste do Celta ou a albivermella do Lugo, por destacar algunhas das principais escuadras da Galiza, son o xermolo da paixón por un deporte que viu medrar figuras de talle planetario como Luis Suárez, Amancio, Pahiño, Acuña, Fran, Míchel Salgado, Iago Aspas ou Angeliño.

As selección galegas en xeral, e a de fútbol en particular, levan décadas sendo obxecto de reivindicación por parte da inmensa maioría da sociedade galega. (Foto: Nós Diario)
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "A forza da Irmandiña, entre o desleixo e a ilusión (II)"

Soñar cunha posíbel convocatoria da selección galega de fútbol no día de hoxe leva irremediábelmente a pensar neses fermosos paxaros aos que lles rompen as ás cando son apenas uns pitiños para que non poidan voar cando medren, pois o nivel da actual xeración de estrelas do país aumenta a sensación de que a súa eliminación en 2009, após chegar o PP ao Goberno da Xunta, supuxo unha barreira ao seu crecemento que tardará anos en ser superada.
Arriba: Diego López, Borja Fernández, Rubén González, Capi, Nano. Abaixo: Julio Álvarez, Pablo Álvarez, Juan Cabrejo, Roberto Losada e Xurxo Otero. Estes once homes xa forman parte dos libros de historia como os titulares no regreso da selección galega despois de case 70 anos de 'longa noite de pedra' (Foto: Cortesía de El Correo Gallego).
star
DEPORTES

Historia inacabada do deporte galego: "A forza da Irmandiña (I)"

A selección galega de fútbol celebra o seu centenario neste ano 2022. A 100 anos vista do seu nacemento, moito cambaron as cousas desde que os Otero, Pasarín, Balbino e compañía vestiran por vez primeira unha camisola por aquel entón integramente azul até que, con Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez formando equipo no banco como símbolo de unión das dúas Galizas futbolísticas, económicas, sociais e mesmo emocionais a Irmandiña protagonizase un espectacular regreso despois de case 70 anos a inesquecíbel noite daquel 29 de decembro de 2005.