star
Entrevistas
Henrique Rabuñal: "En Murguía hai unha especie de motivo permanente que é rescatar a historia propia do país"
27/xan./23
Cen anos do pasamento de Manuel Murguía parecen boa ocasión para lembrar o seu enorme traballo como intelectual ao servizo da Galiza. E iso foi o que fixo Henrique Rabuñal en Murguía, un século despois (Laiovento). Un ensaio que afonda, cun estilo divulgativo e en 130 páxinas, na biografía literaria murguiana como xornalista, poeta, narrador e, sobre todo, investigador que dedicou boa parte da súa vida a rescatar a historia do noso país e da nosa lingua.