Héitor Picallo

Fervenza do Ézaro, en Santa Uxía do Ézaro (Dumbría) (Foto: Héitor Picallo) #ézaro #héitorpicallo #onomástica #apelidos #onomásticaquenacedaterra
star
A onomástica nacida da terra

Oxea, Paraxó, Parceiro, Pacios, (do) Pazo, Pazos, (da) Pena e Penas

Nesta edición trataremos varios topónimos e apelidos bastante significativos na Galiza, concretamente Pazos e Pena, coas súas respectivas variantes. Así mesmo, abordaranse, entre outros, dous moi curiosos: Oxea e Paraxó. O primeiro está vinculado co antropónimo Uxía e o segundo procede dunha evolución da voz “petram”. Os textos que acompañan esta entrega, e recollidos de diversos arquivos galegos, circunscríbense sobre todo no pleno e baixo medievo (de 1154 a 1447), aínda que tamén haberá extractos ou referencias documentais dos séculos XVI e XVII.
Museo Presentacion Libro
MEMORIA E HISTORIA

A historia do escudo da Galiza revela a importancia e proxección do antigo Reino da Galiza

Un debate organizado sobre o libro de Héitor Picallo O escudo do Reino da Galiza, editado por Sermos Galiza, relata unha historia antiga e exuberante e cunha proxección internacional até o de agora insospeitada. O traballo, ademais, pon de manifesto as lagoas que aínda quedan por cubrir sobre a nosa Historia.
mosteiro oia
star
A onomástica nacida da terra

Noia, Novexil, Nóvoa, Oia, Orxeira, Oubiña e Outeiro

Ademais de contarmos desta volta cunha moi interesante entrevista realizada á doutora Alexandra Cabana Outeiro, intentaremos mergullarnos en topónimos e apelidos como Novexil, Nóvoa, Oia, Orxeira, Oubiña... Como é habitual, iremos dando conta de diversos documentos históricos, algúns localizados en arquivos galegos e outros no Histórico Nacional e na Biblioteca Nacional de Francia. Desta última institución traeremos un detalle dun mapa co perfil da illa Agaléga (no arquipélago das Seychelles), bautizada así polo navegante –natural de Maceda– Xoán de Nóvoa
Muíño ao pé da fervenza pequena.
star
A onomástica nacida da terra

Muíña, Muíño, Muíños, Muruxosa, Nabeira, Nabeiras, Nabeiro, Naia e Neves

Este número busca analizar varios topónimos e apelidos realmente curiosos. Un deles está vinculado con certa construción tradicional (Muíños), outros con determinadas plantas (Muruxosa, Nabeira, Nabeiro), incluso os hai relacionados coa orografía do terreo (Naia), cun fenómeno meteorolóxico (Neves) e até coa casca dos cereais (Muíña). Así e todo, a última palabra recae na profesora emérita da Universidade de Vigo María do Camiño Noia, pertencente ao Grupo de Análise e Estudo da Literatura e Tradutoloxía (GAELT)
Litoral coruñés (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Montouto, Mosqueira, Moura, Mourelle, Mourelo, Mourelos e Mouro

Ademais de tratar un bo número de apelidos e topónimos, os documentos que fornecen de datos cada un deles están distribuídos por un período ben amplo. Hai referencias de 1348, como tamén dos séculos XV e XVI. Desta volta, ademais de facer mención de persoas que na actualidade empregan os apelidos aquí tratados, rescatamos uns poucos datos sobre o navegante Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, nado en Ponteceso. A este mariño, que puxo o pé en Alasca e descobre non poucas illas e arquipélagos austrais, róubanlle o seu diario persoal. Da información vertida nel hase servir o propio James Cook.
Torres de Mens, en Santiago de Mens, onde abonda o apelido Miñóns (Foto: Héitor Picallo) #onomásticanacidadaterra #apelidos #onomástica #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Meiriño, Meixide, Meixoeiro, Mesego, Miñóns, Moia, Monteira e Monteiro

Alén de abordar apelidos aínda en uso na actualidade, queremos recordar nesta edición un par deles desaparecidos: Monteira e Moxa. Os documentos traídos até estas liñas son fundamentalmente do século XVI, aínda que tamén os haberá de datas ben dispares: os anos 952, 1274, 1401 e 1640. Ademais, servíndonos dos estudos que ten publicado José António Souto Cabo, lembramos a posibilidade de que o trobador Martín Moia (Moya ou Moxa) fose natural da Galiza.
Recuncho de Baños de Molgas (Fonte das Ninfas-Santa Eufemia de Ambía), onde se rexistra o apelido Maside. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Lixó, Lousada, Loxo, Lúa, Maía e Maside

Media ducia de apelidos son tratados desta volta; achéganse as súas etimoloxías e dáse conta de documentos históricos nos que aparecen como tal ou ben como topónimos. A referencia máis antiga vinculada coa terra da Maía facilítaa López Boullón, ao sinalar que xa se constata polo ano 569. Tamén se ofrecen referencias ou extractos de documentos de 1281, 1340, 1365 e unha manchea do século XVI. Contamos para esta ocasión, ademais, cunha entrevista que lle puidemos realizar ao escritor e historiador Carlos Lixó. 

A torre de Guimarei, A Estrada, dende o portalón. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Guimarei, Hedreira, Herbogo, (da) Igrexa, Igrexas, Lavandeira, Laxe, Laxeiro e Liñares

Os documentos traídos até esta edición van do ano 1168 a 1556. O primeiro deles, reproducido no Tombo A do ACS, cita a freguesía de San Mamede de Guimarei (hogano de Piñeiro – Cuntis). Algúns nomes de lugar e apelidos tratados son antropónimos (como Guimarei), fitónimos (como Hedreira e Liñares), vinculados con construcións (Igrexas), zootopónimos (Lavandeira, aínda que poderían derivar dun oficio) e incluso outros relacionados coa pedra (Laxe e Laxeiro). Ademais publicamos unha entrevista realizada ao filósofo e escritor Manuel Igrexas, lalinés que se ten mergullado en temas sobre a recuperación da Memoria Histórica. 
Mosteiro da Armenteira, Meis, por onde se estende o apelido Galiñáns. (Foto: Héitor Picallo) #armenteira #meis #apelidos #aonomásticaquenacedaterra #apelidos
star
A onomástica nacida da terra

Gaioso, Galega, Galego, Galegos, Galiñáns, Gasamáns, Godoi, Goiáns e Goiás

Alén dunha manchea de apelidos que serán abordados nestas liñas, trataremos aquí os “máis” galegos de todos: Galega, Galego e Galegos. A forma feminina está na actualidade desaparecida, aínda que fican varias referencias nos documentos antigos. Por outra banda, ademais de facer mención do gaiteiro Raúl Galego queremos lembrar aqueles trobadores do noso país que estiveron ao servizo do duque de Arjona (1388-1430). Segundo Íñigo López de Mendoza, o marqués de Santillana, son os seus nomes: Afonso de Moraña e Xoán de Gaioso. 
Atados de documentos. (Foto: Damián Porto) #onomástica #apelidos #onomásticanacidadaterra #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Figueiroa, Filloi, (da) Fonte, Fontes, Forxán, Forxáns, Freán e Froxán

Desta volta traemos varios apuntamentos sobre topónimos e apelidos como Figueira, Filloi, Fontes, Froxán... Publicamos, ademais, a entrevista que lle puidemos realizar a María Xesús Froxán Parga, profesora na Universidade Autónoma de Madrid, doutora en psicoloxía e autora dun bo número de obras que tratan sobre a conduta humana, a depresión e outros temas. Os documentos aquí citados van do ano 927 a varios do século XVI, entre eles, un bo número de finais da plena Idade Media.
O mar do Morrazo, por onde se estenden os apelidos Ermelo, Ferradáns e Ferradás. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Ermelo, Ermida, Ermo, Faxil, Falxilde, Faxín, Ferradás e Ferradáns

Polo mar do Morrazo aboian apelidos como Ermelo, Ferradáns e Ferradás, tratados nestas liñas xunto con Ermida, Ermo, Faxil, Faxilde e Faxín. As tintas nas que se mergulla esta onomástica levan datas que van do ano 879 a 1622; de maneira que textos da catedral de Santiago, outros do AHN e do AHUS son tidos en conta para navegar por estes mares de historia e lingua.
En Celanova, por onde se difunde o apelido Couxil. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Couxil, (da) Cova, Covas, Cruxeiras, Currás, Currais, Curral, Dovao e Eixo

Achegamos nesta entrega, para documentar os apelidos tratados, algunha referencia documental do século XIII (1243 e 1260), aínda que tamén as haberá das tres seguintes centurias. Aperturas entre as pedras (Covas), lugares onde habitan as curuxas (Cruxeiras), recintos onde se garda o carro (Currais), zonas pola que se cruza un curso fluvial (Vaos)... son varios dos significados que explican a onomástica abordada nesta edición.
Viveiro, concello polo que se estende o apelido Casavella (Foto: Héitor Picallo).
star
A onomástica nacida da terra

Cabaleira, Cabaleiro, Carmoega, Casavella, Caxaraville e Caxide

Entre os documentos que se facilitan nesta edición figuran varios certamente curiosos, pois ademais de tratar casos da vida cotiá tamén se certifican dotes de casamento, episodios de violencia de xénero e incluso anulacións de supostos acordos matrimoniais, algúns con advertencias de levar a cabo procedementos xudiciais. Ana Cabaleiro, Miro Casabella, María e Héctor Cajaraville son varias das persoas do eido da cultura que usan os apelidos traídos até estas liñas.
Sen titulo
CULTURA

Primeiro cupón para o libro definitivo sobre o escudo do Reino da Galiza

Os cupóns publicaranse na contraportada do xornal desde hoxe até o vindeiro sábado, cun cupón comodín o vindeiro 28 de setembro. Isto permite adquirir O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional por un prezo especial para lectoras e lectores de 15,90 euros.
Dentro da letra 'n' capitular, no 'Sherborne Missal' (1399 Ca.), aparece o escudo. Na esquerda lese "Rex Galacie". (Foto: Nós Diario)
Nós Diario ofrece un libro de Héitor Picallo nunha oferta para subscritores a un prezo excepcional

O escudo do Reino da Galiza podes telo na túa man

Dentro da colección Monografías de Nós Diario preséntase o libro O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional da autoría do investigador Héitor Picallo. Terá un prezo especial para subscritoras de 7,90 euros e, para as persoas que cubran a cartilla que sae hoxe co xornal, de 15,90 euros.
Héitor Picallo co seu novo libro. (Foto: Arxina)
Reino da Galiza

Héitor Picallo: "As primeiras representacións do escudo galego son realmente fabulosas"

Héitor Picallo (Cuntis, 1974), investigador, debuxante e escritor, é o autor de O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional, a nova publicación que Nós Diario sacará do prelo a semana que vén. A completa investigación de Picallo restaura unha parte chave dun noso pasado condenado ao ostracismo. A investigación transita por diversos espazos da xeografía europea como Bélxica, Francia, Dinamarca, Austria ou Alemaña, ou da americana, con especial incidencia en Cuba ou na Arxentina.
apelidos
star
A onomástica nacida da terra

Braxe, Brei, Buio, Bustabade e Buxán

Varios textos do século XIII documentan algúns dos apelidos que tratamos nesta edición. Así, faremos referencia tanto a pergameos de 1209 e 1219 como a outros. Porén, desta volta, os textos levarannos incluso ao século XVIII. Paralelamente, lembraremos nestas liñas os escritores Fermín e Gonzalo Bouza-Brei, a Lino Braxe, a actriz Blanca Braxe Cendán, a bibliotecaria María Brei Mariño e a tradutora Patricia Buxán; e non faltará espazo para citar a Máximo Sar –o xuíz de Caldas de Reis que lanzara as súas primeiras colaboracións xornalísticas en La Noche: único diario de la tarde en Galicia– e o escritor do Deza César Gómez Buxán, vinculado á investigacións sobre o patrimonio dos pazos galegos.
Imaxe da entrevista a Héitor Picallo pola publicación do libro 'O escudo do reino da Galiza'. (Foto: Arxina) #héitorpicallo #oescudodoreinodagaliza #publicación #sermosgaliza #sermos
CULTURA

Sermos Galiza desvela a saída do volume 'O escudo do reino da Galiza'

Ademais de entrevistar o autor da obra, Héitor Picallo, o semanario analiza o mercado editorial galego previsto para outono e debate coas televisións públicas galega e portuguesa sobre os novos formatos e o público do futuro. Queres presumir de estar ao día? Non deixes que o teu caderno quede no quiosque este sábado.
Antiga fábrica de curtidos en Allariz. (Foto: Héitor Picallo) #héitorpicallo #onomástica #apelidos #onomásticaquenacedaterra #allariz
star
LINGUA

Biqueira, Bocixa, Borrallo, Borraxeiros e Borraxo

Alén de entrevistarmos a Xosé Bocixa Rei, vocalista do coñecido grupo de rock Zënzar, nesta entrega abordaremos cinco apelidos: Biqueira, Borrallo, Borraxeiros, Borraxo e o propio que usa aquel artista. A documentación consultada consérvase nos arquivos da catedral de Santiago, no Histórico Diocesano da mesma urbe, no Provincial de Ourense e na Fundación Penzol, abarcando datas que van do ano 1362 a 1579.
Busto de Frei Martiño Sarmiento por Felipe de Castro (Museo de Pontevedra). (Foto: Nós Diario)
star
A onomástica nacida da terra

Apelidos: Barxa, Bascoi, Belai, Bereixo, Breixo, Biéitez e Bieito

Mergullados de cheo nos topónimos e apelidos que comezan coa letra B, traemos até estes parágrafos varios que teñen orixe antroponímica (Belai, Bereixo, Breixo, Biéitez, Bieito e quizais Bascoi) e outro cunha etimoloxía vinculada coa auga e os terreos cultivábeis (Barxa). A documentación achegada para exemplificar esta onomástica oscila entre os anos 1238 e 1616, e o periplo toponímico discorre desde A Gudiña até Ordes e desde A Pobra do Brollón até Portas.