Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Fronteres foi apresentado esta sexta feira nas redes. É o segundo sinxelo de Immersion e trátase dunha adaptación do texto ao catalá por Pau Brugada do tema Fronteiras de Guadi Galego.
Este novo sinxelo é interpretado pola propia Guadi, Clara Peya, Judit Neddermann, Vic Moliner e Pau Brugada.
Once versións do seu propio cancioneiro e un inédito conforman Immersion, o novo disco de Guadi Galego que estará á venda en outubro. O primeiro adianto do traballo xa apareceu o 31 de maio e consistiu nunha regravación da emblemática Cedeira, acompañada de Iván Ferreiro.
Volve o 21 de febreiro a Narón o festival que organiza a Rede de Escolas de Ensino Galego 'A Semente'.
Agustín Fernández Paz, Xosé Ramón Pena, Guadi Galego, Cineuropa, Xaquín Marín, A Panadaría e Miguel Vila, gañadores dos Premios da Crítica Galiza 2015.
Son dúas das propostas máis agardadas do verán. A xira de Guadi Galego presentando o seu novo traballo “Lúas de outubro e agosto” e o potente concerto de Caxade coa Banda da Bandeira que sube máis de sesenta músicos sobre o escenario. As dúas, en concerto esta quinta feira nos Xardíns da Deputación de Lugo.
Tres mil discos vendidos en dous meses é unha marca difícil de igualar na música galega. Conseguiuno Lúas de outubro e agosto, de Guadi Galego. Máis de sesenta mil persoas viron nese tempo o videoclip da súa canción “Matriarcas”, que orixinou tamén un debate arredor da maternidade. Guadi Galego bota a andar agora a xira de presentación do disco.
En só dous meses, Lúas de outubro e agosto de Guadi Galego vendeu máis de 3.000 discos e o seu videoclip “Matriarcas” viuse máis de 60.000 veces.
“lúas de outubro e agosto” é o segundo disco en solitario de Guadi Galego, o seu traballo máis persoal que sae publicado este 25 de novembro. O semanario Sermos Galiza publicará unha entrevista coa autora.
“Matriarcas” é o primeiro videoclip do novo disco de Guadi Galego Lúas de outubro e agosto. “Matriarcas” é tamén a súa homenaxe ás mulleres reais, aquelas que mostran a súa resistencia e valentía diante da vida cotiá.