Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
“Parabéns a todas as q a fixestes posíbel”, di a directora nas redes sociais.
O coruñés agradeceu ao público que apoiou a súa carreira. 'A galiña Turuleca', de selo galego, recibe o Goya á Mellor Película de Animación como única nomeada nesta categoría.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas do Estado español premiou co seu máximo galardón, os Premios Goya, as galegas Benedicta Sánchez, como mellor actriz revelación, e Mauro Herce, como mellor dirección de fotografía. Ambos os obtiveron o recoñecemento cinematográfico polo filme ‘O que arde’, de Oliver Laxe.
Con até catro nominacións acode o filme de Oliver Laxe aos Premios Goya. Os actores galegos Luis Tosar e Santi Prego tamén están nominados.
Mellor película, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor fotografía (Mauro Herce).
Mellor película, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor fotografía (Mauro Herce).
O actor galego lembrou no seu discurso as palabras do seu pai: "Fillo, moito tes que traballar para non ter que traballar". Galiza estivo presente noutras categorías e o filme de Dani de la Torre fíxose con tres premios, os de mellor dirección de fotografía, mellor dirección artística e vestiario.
É debuxante de bandas deseñadas, ilustrador e director de cinema. É na sétima arte onde máis destaca Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), que ten no seu haber máis de cen premios, entre eles tres Goya por Psiconautas (mellor película de animación en 2017), Decorado (á mellor curta de animación en 2017) e Birdboy (á mellor curta de animación en 2012). Entrevistámolo no Sermos Galiza 239. Eis un extracto.
O creador Alberto Vázquez regresa a Galiza cos dous Goya aos que aspiraba na edición de 2017: a mellor longametraxe de animación e a mellor director de curta de animación.
El desconocido, a película de Vaca Films dirixida por Daniel de la Torre, obtivo dous premios Goya, na categoría de montaxe e de son. O cineasta Jorge Coira foi premiado pola montaxe do filme.
El desconocido –que aspira a oito premios- Maimiño e Holy Night poderían traer á Galiza un total de dez estatuíñas da cerimonia dos premios Goya, os máis relevantes do cinema a nivel estatal.
A fita de Vaca Films dirixida polo monfortino Dani de la Torre é finalista en oito categorías, entre ellas a de mellor director novel e mellor actor protagonista (Luís Tosar). A outra representación galega é o filme de animación de Dygra, 'Noche de paz? Holy night'.
Ignacio Vilar e Carlos Asorei son finalistas na categoría de mellor guión adaptado dos Premios Goya. “A tropa de trapo na selva do arco iris”, da produtora Abano ademais de Javier Gutierrez e Nerea Barros completan a presenza galega.