Gonzalo Navaza

O director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, e o profesor da UVigo e especialista en toponimia e onomástica, Gonzalo Navaza (Foto: Arxina).
CULTURA

A lingua do Reino da Galiza, a debate

Gonzalo Navaza abriu esta terza feira, cunha conferencia sobre 'As intervencións monárquicas na toponimia galego-portuguesa', unhas xornadas que se desenvolverán até maio, entre Compostela e Braga, sobre a lingua no Reino Medieval da Galiza.
Gonzalo Navaza Navaza ocupará a vacante producida polo pasamento en marzo de 2021 do historiador Xosé Ramón Barreiro.
CULTURA

Gonzalo Navaza entra este sábado na Real Academia Galega

Navaza ingresará na Real Academia Galega como membro de número este sábado nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no salón de actos da institución a partir das 12:30 horas. O filólogo e escritor pronunciará o discurso titulado Nomes de persoa na toponimia de Lalín, centrado na súa terra natal. Daralle resposta Antón Santamarina, coordinador do Seminario de Onomástica.