Gardacostas

Un helicóptero de gardacostas da Galiza (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
Agora

Rescatados dous tripulantes dunha embarcación á deriva en Bueu

Dous tripulantes dunha embarcación que quedou á deriva na tarde deste pasado domingo foron rescatados polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas da Galiza na localidade de Bueu. Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron pasadas as 21.30 horas, cando un particular alertou de que unha embarcación pneumática estaba á deriva e se achegabaa unha zona de rochas de Bueu. Por iso, deuse aviso a Salvamento Marítimo e a Gardacostas, que desprazou a aeronave e un barco á zona.

Un helicóptero de gardacostas da Galiza (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
star
SOCIAL

As "infraccións" da multinacional Babcock abalean o servizo público de rescate marítimo

Helicópteros sen equipamento exixíbel para tarefas de rescate ou hangares para as aeronaves onde meter estes aparatos é unha "odisea". Son algúns dos incumprimentos de Babcock — adxudicataria do servizo aéreo de salvamento marítimo da Xunta— que denuncia o propio persoal.